O xoves 17 recibimos a visita do pai do mestre Pol, Leopoldo Pariente, que nos proporcionou unha entretida clase práctica sobre agricultura; ensinounos a traballar a terra, abonala e cultivar patacas, cabazas e chícharos . Nenos/as e mestres/as estamos moi
agradecidos de que Pol compartise con nós unha pequenísima parte dos seus coñecementos, desfrutamos
moito da súa visita e esperamos que regrese pronto ao cole Bayón.
|