O pasado mércores 27 de
maio, o alumnado de 4º de ESO trasladouse á vila de Rianxo para coñecer de
primeira man o estudado nas aulas durante o presente curso escolar sobre algún
dos autores máis importantes da literatura galega do s. XX.
Daniel Castelao, Rafael Dieste e Manuel Antonio protagonizaron a mañá. Visitamos a rúa na que naceron e viviron os tres: a Casa Museo Manuel Antonio, que garda desde cadernos manuscritos do poeta, ou revistas literarias que trouxo das súas viaxes ao estranxeiro, ata fotografías familiares e maquetas dos barcos nos que navegou. Despois de ver o Museo do Mar do que dispón esta vila, coñecemos mellor o mundo do que vimos e como era a vida dos nosos antepasados. Rematamos cun roteiro polo casco vello e o polos Paseo da Ribeira, onde nos contaron anécdotas dos escritores e dos seus libros e puidemos ver os bustos e esculturas que homenaxean á cultura popular. Foi interesante aprender literatura e historia tamén fóra das aulas. |
Sin título >