Asociación
Antidroga Renacer
organiza o vindeiro xoves 9 de xuño ás 19:00 h unha charla coloquio sobre “ TDAH e Drogas”
no Centro Cultural Lustres Rivas (no mesmo andar da Biblioteca Municipal). A charla está organizada pola Asociación Antidroga Renacer, e será a
cargo de Dr. Manuel Isorna Folgar, Psicólogo e profesor da Universidade de
Vigo, que nos informará de como a presenza do TDAH (Trastorno por Déficit de
Atención e Hiperactividade) pode incrementar o risco de sufrir un problema de consumo de sustancias e pode dificultar o
tratamento do TDHA, empeorando a súa evolución.
Remitimos esta información ás familias dos nosos alumnos, sabedores de
que é unha temática de interese da nosa
comunidade educativa.
|
Sin título >