A fin de semana do 6 e 7 de abril, os rapaces e rapazas do clube de sendeirismo do noso colexio, desfrutaron dunha nova ruta de sendeirismo. Nesta ocasión visitamos a zona dos Ancares, establecendo como campo base as instalacións do hotel Piornedo, nas que nos trataron de forma excelente. Os rapaces/as coñeceron a aldea de Piornedo, apreciaron as características das típicas pallozas deste lugar e realizaron parte da ruta de ascensión ao pico Mostallar de casi 2000 metros de altitude. Durante toda a ruta a paisaxe foi totalmente invernal, cunha cantidade de neve que fixo as delicias dos nosos/as alumnos/as. O tempo acompañou, incluso tivemos a sorte de vivenciar unha boa nevada. Todos desfrutamos dun gran fin de semana. |
Sin título >