Co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, un grupo de alumnos e alumnas de 3º de ESO participou no I Certame de Relato curto organizado pola ONG ABAS Barbanza e o concello de Pobra do Caramiñal, “Historias de Mulleres”. A alumna Amara Argibay González resultou premiada co 1º posto na categoría xuvenil co relato “A xustiza pola man”. A tarde do sábado 24, acompañada por un grupo de mestres, recibiu o premio de mans dos organizadores desta iniciativa, nun encontro no que ademais da lectura das obras premiadas, asistimos a un documental previo a unha charla sobre violencia e un concerto do grupo “Agoraphobia”.
Noraboa , Amara! Se queres ampliar información tes os seguintes enlaces: Facebook de Agoraphobia - https://www.facebook.com/agoraphobiaband Facebook de ABAS-Barbanza - https://www.facebook.com/abas.barbanza/ Facebook Concellería Igualdade da Pobra - https://www.facebook.com/igualdadeapobra/ |
Sin título >