Chegáronnos boas novas, despois de tanto tempo, por fin puidemos ler as cartas dos rapaces do Colexio Simón Bolívar! No mes 12, enviamos as nosas que escribimos a finais de 3º ESO, e agora viñeron de volta as respostas , grazas a Ramón “Filipino”, que é o presidente do C.F.SÁLVORA. Viaxou recentemente para correr a Sáhara Maratón, que tivo unha duración de aproximadamente 6 horas e media. Adicoulla ao noso profesor e amigo Vicente. Estábamos como un día máis na aula e entrou a nosa mestra, Marián, e tróuxonos as boas novas, as cartas deses rapaces que amosaron moita educación, cariño e respecto. Os rapaces e rapazas, escribíronnos en castelán, que é a lingua na que estudan todas as materias no seu cole, e contáronnos a súa situación actual, o que lles gusta facer, quen son os seus equipos preferidos ou que lles gustaría ser de maiores. Sorprendeunos que a pesar da situación na que viven, contan que son rapaces alegres e que non teñen todo o que temos nós, pero que aínda así son moi felices e o único que reclaman é a liberdade do seu país. Nos vindeiros días imos contestalas, para que na primeira oportunidade poidan recibir as respostas e fortalecer así un pouquiño máis o vínculo de amizade que nos une. Os rapaces e rapazas que respostaron as nosas cartas son: Beguia, Rabub, Mariam, Bakia, Safía, Maimuna, Abdu e Znug. A todos eles: SUKHRAN!!! Janire Suárez, Clara Romano e Laroussi Mohamed. |
Sin título >