O pasado venres 13 de maio, celebrouse, como xa se ven facendo dende fai 16 anos, o Andatón. Esta actividade consiste en percorrer andando a periferia do concello en dúas xornadas, facendo noite no Colexio. Esta experiencia, que aúna cultura, deportividade, afán de superación e compañeirismo, comezou como culminación dunha serie de rutas de sendeirismo que se viñan realizando dende facía algúns anos, e que continúan na actualidade. Este ano tivo para todos nós unha especial transcendencia, xa que decidimos adicar o Andatón ao noso compañeiro Vicente, dado que era unha das persoas máis implicadas en dita actividade, na cal participaba con gran entusiasmo. Neste día contamos coa presencia de Carmela, Antón e Uxía, muller e fillos de Vicente, que nos acompañaron durante a primeira xornada, e cos que lembramos todos os momentos vividos con el ao longo de todos estes anos. Se queres descargar esta imaxen con máis calidade, preme no enlace que tes debaixo. |
Sin título >