Somos un centro concertado Plurilingüe e Plurinfantil, con ensinanzas nos niveis de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria.
Presentámonos coma un colexio aberto e familiar, en contacto coa natureza, preocupado pola calidade do ensino, pola educación en valores, en emocións e polo respecto a todos os seres vivos. Perseguimos, en definitiva, a formación integral do noso alumnado.
Intentamos renovarnos día a día, mediante novas tecnoloxías e metodoloxías educativas innovadoras, sen esquecer as tradicionais, para que permitan a todos os nosos alumnos e alumnas medrar en liberdade de conciencia e adquirir un espírito crítico e tolerante cara o mundo que nos rodea.