Nun ala desta planta superior ubícanse catro aulas, un departamento e os baños. Na outra ala, pasando un corredor central, sitúanse as aulas dos obradoiros: aula de Música, aula de Plástica, aula de Informática (dotada con equipos informáticos completos conectados en rede e pizarra dixital), o Laboratorio, o taller de Tecnoloxía, aula específica de idiomas e baños completos.
O equipamento de todas estas aulas é o adecuado para as necesidades educativas dos alumnos.
Nesta mesma área está a Biblioteca. A súa ubicación atópase nun lugar privilexiado do centro, un espazo rodeado por amplas fiestras cara o exterior e cunha gran luminosidade natural que crea un ambiente moi favorecedor e confortable para o traballo intelectual. A Biblioteca ocupa una superficie de 110 m2 na que se sitúan tanto os fondos da biblioteca como os postos de lectura e a área da xestión técnica da biblioteca.
As instalacións externas son o patio de recreo, a pista polideportiva e os baños exteriores. Esta son compartidas cos alumnos de E. Primaria, xa que as disfrutan como patios de recreo en horarios diferentes. Completan estas instalacións o ximnasio situado na parte inferior do edificio.