0.-Presentación




Benvidos a
AvanzaSaúde, un espazo virtual onde trataremos diferentes temáticas relacionadas coa Actividade Física e o deporte. Nesta páxina atoparedes contidos de interese sobre aspectos relacionados co movemento humano do mesmo xeito que analizaremos  diferentes modalidades deportivas ou prácticas que permitan apoiar a formación integral desde o equilibrio emocional, cognitivo e físico garantindo deste xeito un desenvolvemento saudable.

Para os que nalgún momento do voso ciclo vital formades parte da miña rede de alumnos disporedes dos temarios e material complementario actualizado co obxectivo de facilitar o estudo da materia.

Anímovos a neste momento da era dixital 2.0 traballar cooperativamente para acadar conxuntamente altas cotas de rendemento académico.

Moito ánimo e un saúdo.

Oscar Carballo Iglesias.
Doutor en Actividade Física e Deporte.
Departamento de Educación Física.
Carmelitas Ourense.
oscar.carballo@carmelitasourense.com




Neil Postman

Ċ
Oscar Carballo,
10 oct. 2017 5:33
Comments