Cara ó sol fachí

Car'ó sol coa camisa bermella,
estrela e fouce ó curazón
chimparei ós fachis pol-á orella
da céltiga nazón.

Formarei na troupe libertaria
da rebel Galiza proletaria:
que d' América virá,
pr' acá coa estrela da libertá.

Si che din qu'inda está alí,
sorrí,
que axiña a verán aquí.

Voltarán d' América os fuxidos
ós nosos mártis a vingar
e andarán os fachis encollidos
sin ter pra onde liscar...

Volverá o abrente da fartura
que en chegando os roxos se asegura.
¡En pé galego, érguete xa,
qu'en Galiza alborexando está!”