bioXosé Miguélez - Galicia (España) - saxo tenor. Xosé Miguélez é un dos máis destacados saxofonistas nunha nova xeración de músicos de jazz en España e Portugal. Aínda que se atopa no comezo da súa carreira profesional neste eido xa ten participado en importantes eventos a nivel internacional como o "London Jazz Festival BBC Radio 3" -08, "Festival de Jazz de Guimaraes" Portugal-07, 06, 05, "Festival de Jazz Imaxinasons", Vigo-07, 06, "Festival de Jazz de Lagos" Portugal-07, "Guildhall jazz festival" UK-09 ou "Portugal-jazz 07 " CCB Lisboa, Portugal, entre outros. Formouse musicalmente entre Galicia, Portugal e o Reino Unido onde vive e está a cursar estudos de posgrao na Guildhall School of music and drama, Londres, dentro do programa, Guildhall artist master jazz performance, baixo a dirección dos saxofonistas, Jean Toussaint (usa) e Martin Hathaway (uk). Para a realización destes estudos é bolseiro da Fundación Caixa Galicia. Licenciouse en jazz, na Universidade de Porto, Portugal, dentro da Esmae, Escola superior de música e artes do espectaculo, no ano 2008. Asimesmo é un dos máis recoñecidos músicos dentro do panorama da música tradicional e folk galega. No ano 2007 convertiuse no primeiro titulado superior nesta especialidade en Galicia polo Conservatorio superior de música de Vigo. Na súa discografía destaca o CD "Esperanza" que recibiu unha grande acollida tanto de publico como da crítica especializada. |