home


Co gallo da celebración do
Expocómic 2009, organizado pola Biblioteca do CPI San Vicente, A Baña, desenvolvimos unha actividade relacionada coa banda deseñada e a Xeografía.
 
   PRIMEIRO PASO
   Realizamos unha escolma dos títulos de cómic cos que traballar:
  • Asterix en Bélxica
  • Asterix en Hispania
  • Asterix nos Xogos Olímpicos
  • Asterix en Bretaña
  • Asterix e Cleopatra
  • Tintin no Congo
  • Tintin no Tíbet
  • Tintin en América
  • O Loto Azul
  • Explorando a Lúa
  • Os xarutos do faraón
  • Aya de Yopougon  -  M.Abouet, C.Oubrerie
  • Persépolis  -  Marjane Satrapi
  • Historias color tierra  -  Kim Dong-Hwa
  • Cita na Habana  -  Fran Jaraba
  • El rastreador  -  Jiro Taniguchi
  • Os lobos de Moeche  -  Manel Cráneo
  • A retirada de Sir John Moore  -  Pepe Carreiro
  • ...
  • SEGUNDO PASO
  • Relacionamos os cómics cunha ubicación xeográfica, fixándonos nos argumentos e máis nos debuxos. Así, por exemplo situamos:
  • Aya de Yopougon...................Costa de Marfil
  • Historias color tierra.............Corea
  • Cita na Habana........................Cuba
  • Os lobos de Moeche................Betanzos
  • O loto Azul...............................Shanghai
  • Persépolis................................ Irán
  • ...
  • TERCEIRO PASO

     Buscamos as imaxes das portadas dos cómics seleccionados, imprimímolas en tamaño pequeno e recortámolas.

    CUARTO PASO

    Debuxamos un mapa mundi, diferenciando con cores os continentes e os océanos. A continuación pegamos cada portada no país correspondente. E este foi o resultado: