SERCOGA SL

No programa "Vivir aquí" descubrín a existencia de SERCOGA, unha Empresa de Inserción Laboral, Servizos Comunitarios de Galicia SL. No minuto 41.25 do vídeo aparece Olalla Jorge, outra das "todoterreo" da organización facendo promoción da empresa, na que di traballan 5 persoas, Esta reportaxe é do 24 de xaneiro de 2010, un mes despois de que rematara a UPD. Aquí aparece tamén unha das "supostas" técnicas da UPD, Sonia (creo, xa digo que non as coñecía moi ben)

Constitución 

Comenzo de operacións: 18 . 12 . 08 . 

Obxecto social: O obxecto social da sociedade será a incorporación ao mercado laboral de persoas en risco ou situación de exclusión social, proporcionándolles un traballo remunerado e a formación e acompañamento precisos para mellorar a súa empleabilidade e facilitarlles o acceso ao mercado laboral común, a través d . 

Domicilio: AVDA PORTUGAL 93 BAIXO ( OURENSE )

73375; - BORME-A-2009-27-32

Nomeamentos

Apoderado : MARTINEZ ALONSO RAMON

Datos rexistrais . T 786 , F 221 , S 8 , H OR 12016 , I/A 2 ( 7 . 07 . 09 ) .

317838; - BORME-A-2009-133-32

Hai unhas semanas Rosa Carrera dime que a maioría das empresas de ASPANAS permanecen sen actividade, agás Amencer Reciclado SL, Amencer Viveiros, e ASPANAS Termal. Lembrei esta reportaxe e dixenlle que me mentía. Iso é algo habitual nela, mentiume dende o primeiro día que nos coñecimos, dende o momento mesmo da entrevista de traballo. Si fixera caso do refraneiro chino, aquel que di: "si me minte unha vez a culpa é túa, si me mintes unha segunda vez, a culpa será miña", non me pasaría tantas veces. Son culpable,... por confiado.

Qué é SERCOGA?

É unha empresa cuxos obxectivos son os mesmos que os da UPD. Ten moito sentido? Non, pois para iso xa estaba a UPD. Segundo Rosa Carrera estas empresas están inactivas; sen embargo, si aparecen nos medios para promocionarse, cousa que, por exemplo, nunca se fixo coa UPD. 

Olalla Jorge é quen aparece representando a empresa, sen embargo, dubido que teña responsabilidade algunha na mesma, de feito é quen se ocupa de realizar entrevistas para todo o "Holding ASPANAS".