Xa era tempo para un bo título efectista. Éste é dun polémico post
do polémico crítico de arte e gurú Jonathan Jones en The Guardian. Relaciona o
colapso económico que estamos a vivir co final do que chama arte rechamante dos últimos vinte anos e
remata preguntándose onde está o recambio. Leva unha tempada anunciando o fin
dos tempos (How art killed our culture). A idea que desenvolve neste artigo, Art as we
know it is finished, é moi interesante. Os medios están moi
atentos á fluctuación de prezos nas grandes subastas de arte como parámetro da
crise pasando inadvertidas as grandes limitacións de acceso á finaciación dos
artistas, é dicir, rematou a festa pero aparece outras fiestras aínda que
ninguén saiba cales. Algunhas das partes máis descriptivas do artigo:
O colapso económico está afectando ó mundo da arte de diferentes xeitos surrealistas. A Galería Gagossian nos Ánxeles acaba de aprazar un proxecto de exposición da artista conceptual Chris Burden que implica o uso de 100 quilos de lingotes de ouro. Gagossian mercounos (canto custan 100 quilos de lingotes de ouro, ata os custos!) a unha empresa chamada Standford Moedas e Lingotes.Esta empresa é unha filial de Stanford Financial Group, que é parte do imperio do financeiro de Texas Allen Stanford, que se atopa agora no centro dunha investigación por fraude masiva. Agora, anuncia Gagosian, "a galería do ouro conxelouse, mentres que a SEC investiga a Stanford." Esta historia serve para revelar o matrimonio que existe entre arte e cartos. O Mundo,
desde 1980, deixou de crer en tales realidades. O diñeiro soltábase por
calquera motivo. A arte converteuse no seu espello enganoso. A arte é diversión, é risa, é entretenimiento, é o
espectacular, o cool ... a arte agora aspira a ser todas as cousas que están de
moda. Polo que non pode acoller a torpeza dun Kossoff: non pode ser un óso na
garganta de ninguén. O seu éxito está totalmente vinculado á mesma ficción de
que todo é posible que inspirou aos bancos a liderarnos a todos nun mundo visto
a través de lentes. Tratei de resistir a este feito durante uns meses,
pero terminei coa ilusión. A arte como o coñecemos está acabando. Está a punto
de ser exposto como nada máis que a decoración dunha época de tolemia
mercantil. ¿Sobre que base podería xurdir unha nova arte? Jonathan
Jones anteriormente criticou as exposicións de street art na Tate argumentando
que o seu paso polos museos faille carecer de interese "debe existir
ilegalmente nas rúas das cidades", dixo tamén que a arte debe defender
sempre a verdade e para iso nada mellor que unha cámara dixital, desfíxose en
eloxios aos gravados de Goya que os irmáns Chapman pintaron por riba. Por tanto
isto non é un suspiro romántico máis ou menos conservador Non é sospeitoso. Ah,
por se vos aburrides, tamén publicou a súa lista das 50 obras de arte que hai
que ver antes de morrer.
|
