Raparigos, os comezos


O ambiente gaiteiril a finais da década de 1960

 

1968. Esa foi a data na que dous de nós, Anxel Muñoz, tamboril, e Xan Silvar, gaita, encetamos un camiño con Carlos Vázquez Cabrera, gaita, e Paco Trillo, o noso bombeiro.

Entre 1968 e 1974 tocamos xuntos nas dianas e alboradas que aledaban as festas das parroquias e vivimos da recuperación dos concursos de gaitas do país. Así, tivemos a oportunidade de convivir con boa parte dos grupos de gaita de máis sona -Os Amigos e os Os Montes de Lugo, Os Garceiras de Melide, Os Cruceiros de Vigo, Os Rosales de Asados, Rianxo, entre outros dos que mantiveron o facho da música gaiteiril sen máis apoio que o seu entusiasmo e a aceptación das xentes que os chamaban a tocar. 

 A partires deses anos, novos grupos como Follas Novas, Faíscas do Xiabre ou Xente Nova aportaron a vitalidade das novas xeracións de gaiteiros ás novas formas e oportunidades de tocar, como os nacentes festivais que naceron en toda Galicia.

Máis información aquí