As xiras no extranxeiro

Abrir a outras culturas a nosa música é un obxectivo de RAPARIGOS 

Dende 1983 RAPARIGOS enceta pola súa iniciativa unha xeira de concertos por Europa levando a música galega a auditorios onde era pouco ou mal coñecida a mesma existencia de Galicia e a súa cultura.

Swansea, Gales, Pontardawe Festival 1983

 Tocando en folk clubs británicos, percorrendo centos de millas nas Highlands escocesas, visitando auditorios da Francia, as músicas de Raparigos falaron de terras galegas.









E as cancións que aquí non cantamos por sentirnos máis gaiteiros, saen do fondo do peito para que a fala cantada leve aos ouvintes o carácter da terra.


Tocando gaitas galegas en Cornualles con John e Francis Webb