A discografía

As gravacións de RAPARIGOS como RAPARIGOS ou en colaboración.

As dúas gravacións realizadas polo grupo non corresponden a etapa inicial, pero recollen en parte o repertorio dela.

A primeira realizouse en 1981 coa discográfica galega RUADA, inaugurando a serie Gaiteiros Galegos co Volume I, ao que seguiría o Vol II gravado polo inesquecible Ricardo Portela.

 A segunda gravación, en 1991, dez anos máis tarde e tamén en vinilo, saíu no selo Sons Galiza co título Tempero entre Amigos, na serie O Gaiteiro de Soutelo

 

 

 Ambas gravacións non están xa dispoñibles, pero algúns dos temas estan dispoñibles en http://www.youtube.com/user/raparigosFerrol?feature=mhsn

En xullo de 2011 RAPARIGOS colabora con Berros do Castro no seu disco Eirexado s/n coa grabación de dous valses de Constantino Bellón e Gaiteirada, unha fermosa peza de D. Pío Rodríguez Puga, da que xa se recollera unha versión no volume 1 de Gaiteiros Galegos. Ver unha reseña aquí