2010-2011
Material necesario para inventar un conto
- As fórmulas da marabilla, para iniciar e terminar ben as historias.
- As palabras poderosas, que forman parte do imaxinario popular.
- O binomio simbólico, que é unha relación de palabras e expresións da narrativa popular e do vocabulario da vida cotiá dos nenos.
- Imaxinemos que un conto non é máis que unha armazón de celas, unha cuadrícula construída a partir de catro columnas básicas: os personaxes, os lugares, as situacións e os obxectos. Nace así o taboleiro fantástico.
Cada columna posúe un idéntico número de compartimentos ou celas, e estas énchense cun vocabulario especial, con palabras que, dalgún xeito, pertenzan ao universo dos contos. Evidentemente, poden ser elementos narrativos de actualidade ou provenientes da tradición.
| Personaxes | Lugares | Obxectos | Situacións |
| fada lobo dragóns elfos indios bruxas princesas gnomo nena rato Sol boneca astronauta árbore coello serea |
castelo cova inferno prado bosque espazo cidade casa país colexio aldea montaña hotel cemiterio lago restaurante |
variña pelota ordenador pota bomba mando barco diamante espello zapato Nintendo botella libro avión luvas estrela |
perigo aventura alegría vitoria sorpresa egoísmo viaxe soño enfermidade amor misterio trampa medo tristeza perdido enfado |
Despois, selecciónanse as palabras que se prefiran, unha de cada columna como pouco. Así, cada taboleiro fantástico servirá para inventar ducias de historias, pois non hai case ningún límite...
Os contos
<fada, cova, bomba, egoísmo>
- A fada e o can, de Laura Rial Almeida e Brais Ramos Pérez.
- A fada viaxeira, de Sara Roibal López e Antón Seijas Vieites.
- A fada da princesa Cristina, de Alejandro Costa Suárez e Cristina Sánchez García.
- Fajar y Aiman, de Amna Jamal Mansour e Sandra Rivadulla Llerafo.
- La última guerra, de Lara Vieites Meijide e Daniel Martínez Veiga.
- A fada Luceciña e a pelota-bomba, de Pablo Novás López e Sofía Celester Carballo.
- El Quinteto, de Rubén Seoane Darriba e Carmen Bermúdez García.
- El hada arrepentida, de Marta Peña Rodríguez e Iván Rodríguez García.
- Guerra entre poblados, de Clara Muñiz Iglesias e Daniel Ondina Seijo.
- A BSTF da fada Pinky, de Ana Pazos Blanco e Lidia Rañales Rodríguez.
- A fada egoísta, de Cristina Pena Méndez e Andrés Rodríguez Varela.
- Eva, a fada curiosa, de Rubén Sánchez López e Eva Prego Pérez.
