AMIGOS 


...atrás

 14 de Setembro do 2007

 

 

Foi nun pobo con mar onde vivian tres mozos chamados Perico, Miguel e Yimi. Eran malos estudantes pero vivian felices e sen complicacions. O único que facian era xogar á peonza, pola mañan, pola tarde, e ata pola noite. Eran bos xogadores, ata cegar o punto que se converteron en xogadores profesionais. Gañaban todolos campeonatos, e sempre soian quedar perico de primeiro, Miguel de segundo e Yimi de terceiro. Esto nom lles importaba porque eran moi bos amigos e entre eles non habia ningun tipo de enfrontamento.

    A eles lles encantaba xogar a “guiches” un xogo basado en darlle á peonza do outro mentres esta esta a bailar. O malo era que casi non gañaban para peonzas, porque sempre remataban o dia con catro ou cinco peonzas de menos. Pero a eles este xogo lles encantaba.

    Un dia pola tarde, nun dos moitos dias nos que eles practicaban para os campeonatos, propuxeronse xogar a “guiches” pero de maneira mais forte. Asi que comezaron a partida moi emocionados porque era a primera vez que o facian. Primeiro comezou tirando Perico, despois dunha partida a pedra papel e tesoira para ver quen era o primeiro en tirar, posto que o primeiro como é de esperar é o que mais posibilidades ten de perder a peonza. Despois tirou Yimi que por certo non conseguiu darlle a peonza de Perico. E en ultimo lugar tirou Miguel, pero o tiro de Miguel non foi un tiro convencional, xa que que se habia emocionado co tema de xogar a “guiches” en plan forte, ademais estaba un pouco mareado, según lles comentara antes a eles, probablemente o mareo foi producido polos efectos do alcohol anteriormente inxerido cuns amigos de clase. Asi que Miguel todo enrrabetado votou o brazo cara atrás e tirou a peonza con tódalas suas forzas apuntando cara a peonza de Perico. Pero o lanzamento foi moi desviado, tanto que a peonza de Miguel foi directamente cara a cabeza de Perico coa mala sorte que se lla clavou. Os dous amigos miraronse un cara o outro e decidiron preguntarlle a Perico como se encontraba coa peonza clavada na cabeza, el contestou que non lle doia. Pero decidiron moi intelixentemente ir cara urxencias nun bus.

    De camiño o hospital a xente miraba raro a Perico, era normal, posto que non hai moita xente que camiñe cunha peonza clavada na cabeza. Cando chegaron ó hospital Perico foi atendido rapidamente, lle fixeron unhas radiografias e demais probas ata que o medico que o atendia lle comunicou unha noticia inesperada, habia que deixarlle a peonza na cabeza posto que se lla quitaban Perico morreria.

    Miguel e mais Yimi, marcharonse do hospital tristes, ata chegar o punto de que Miguel, que fora o causante do nefasto final, se fora a tomar unhas cervezas con Yimi para olvidar o sucedido.

    O dia seguinte Miguel e mais Yimi decidiron deixar os entrenamentos por unha mañan e ir a visitar o seu amigo ó hospital. Miguel compraralle un casco, unhas rodilleras e mais unhas coderas para cando se recuperara de todo e poidera voltar a xogar á peonza, as rodilleras e as coderas eran para ir a xogo co casco.

    Cando chegaron ó hospital Perico deulles a noticia de que a peonza non lla ian poder quitar posto que se lla quitaban morreria desangrado, ademais a peonza non lle habia tocado ningunha parte do cerebro esencial. Desta maneira Miguel e mais Perico cheos de razon decidiron chamarlle a Perico, Perico o da peonza.

    O dia que lle deron o alta a Perico estaban ali Miguel e mais Yimi para acompañalo a casa. Miguel ese dia lle mercou unha boina para que a xente que o vira pola rua non se estrañara por velo cunha peonza na cabeza.

    Os anos pasaron e Perico fixose famoso por ser un dos millores xogadores do xa famoso xogo “guiches”.Ainda oxe siguen vivindo no seu pobo cos seus amigos, pero xa retirado dos campeonatos oficiais.

"Dedicada a tódolos meus amigos. Unha aperta."