Páxinas e documentos que podes consultar: ANIMAIS: LENDAS: SERES MÍTICOS: PARA SITUARTE: |
Presentación O gusto por contar e escoitar historias é tan vello coma o mundo. Xentes de tódolos rincons do mundo, de tódalas épocas da historia gustou, gusta e gustará de contalas e escoitalas. Escoitar unha lenda sempre nos pon a pensar se será verdeade o que contan, se ocorriría de verdade, por que hoxe non ocorre... A nós quédannos como herdanza para seguir contando de xeración en xeración, de pais a fillos, de avós a netos Seguro que coñeces a lenda do Castelo de Mens, e a de Santo Hadrián, a de ... ¿que che parecería ser ti quen inventaras unha cos teus compañeiros? Unha historia con tódolos seus ingredientes: o heroe, o problema,o suceso máxico, a solución (se cadra...) Unha historia que logo contarás na casa, ós teus amigos, ós teus fillos, ós teus netos ¡cando os teñas!)... unha historia que perdure e, algún día seguiráse a contar e xa ninguén saberá quen a escribeu. Só tí e os teus amigos saberedes que fúchedes quen de inventar unha lenda. Tarefa Pois iso, precisamente, é o que teredes que facer: inventar unha lenda Pero, para que dure moitos anos terá que ser moi, moi críble: parecer que foi verdade, alomenos en parte. Podedes explicar porque ese sitio se chama así, ou cal é a explicación de que ese monte esté aí, ou esa praia teña esa forma... Podedes explicar porque viven aí tantos/as... ou non hai ningún/nha.... ou o suceso que deu lugar a que esa aldea esté nense sitio... Teredes que:
Procedemento Na marxe esquerda desta páxina hai algúns documentos que podedes usar para saber algo máis de algúns animais, plantas... da nosa costa. Consultádeos para escoller ben e darlle a cada quen as súas carácterísticas. Lembrade, tamén as cousas que sabedes de Malpica, do mar... así como historias que vos contaron, outras lendas... Tempo 1º trimestre.- Decidiredes a sliñas xerais do argumento da vosa lenda. Leredes os documentos para sacar ideas e información 2º trimestre.- Seguiredes traballando o argumento. Faredes unha visita ó lugar da costa que vos foi asignado) 3º trimestre.- Faredes a redacción final da vosa lenda e escribiráse na páxina electrónica. O resultado O resultado será unha nova lenda que escribiredes entre todos e todas os da clase. Aqui está o espazo que preparamos para que a escribades e poida ser lida desde calquera lugar do mundo. Pinchando sobre o título da do teu curso entraredes na vosa páxina. Podedes incluír imaxes. E... ¡a contar!
E.I. Alda e Lala. A lenda do castelo durmido 2º.- A abella Bica e o lagarto Laguixón 3º.-Galeana, a princesa de Entretorres 4º.-A garza Ceiruga, unha turista especial 5º.-Barís, o percebeiro, e Insua, a ceboleira 6º.-A vagalume Portela e o dragón Narigón
|
