Actividades




Axenda Cultural  Aquí

Actualizado a outubro de 2011

 
 






 Recursos dixitais de actividades xa feitas:
 
29/06/2011, Presentación, proxección do documental e coloquio (Videos do acto: 1d3, 2d3, 3d3):

O MEU NOME É LUÍS 'FERREIRO'. UNHA HISTORIA DO ANTIFRANQUISMO GALEGO
Guión e dirección: Roi Cagiao e Fernando Llor, Asesores históricos: Víctor Santidrián e Xesús Alonso Montero
Edición: Marcos Martínez e Roi Cagiao, Presentan: Fundación 10 de Marzo e Foro pola Memoria de Galicia, Produce: Kinoglaz
O documental estará online proximamente con acceso dende o Blog: http://omeunomeluisferreiro.blogspot.com/
 
 
25/06/2011, Invitación da Asociación Cultural Mariñeira de Sada, Os Patexeiros.org para vivir a regata de vela tradicional Galega (agradecementos e noraboa polo seu incribel traballo pola recuperación da nosa cultura mariñeira). Fotos da regata

12/06/2011, Rota a Castro de Rei. Videos: 1d3, 2d3, 3d3 Fotos: fotos de Amancio-Adega,

Castro de Rei (Galiza)



3/06/2011, Presentación do libro de Miguel Mato Fondo, Señardade da Luz (a obra poética de Manuel María), editada pola Asociación Cultural Alexandre Bóveda. Presentou Aniceto Nunes e falaron Miguel Mato e Alberte Ansede (Secretario da Fundación Manuel María, a onde irán os beneficios da venda, co obxetivo de facer a casa museo do Poeta) Videos: 1d5, 2d5, 3d5, 4d5 e 5d5.


28/05/2011, Presentación do Proxecto de milladoiros de PalabrasPedra do noso vogal Pedro Bravo. Videos: 1d4, 2d4, 3d4, 4d4



21/05/2011, Excursión a Agolada. Videos: 1d3, 2d3, 3d3. Ligazón a Fotos (agradecementos a Luisa polas magníficas capturas). Fotos de Amancio-Adega

Fotos da excusión a Agolada xentileza de Luisa Romero




12/05/2011 (ás 20h) Concertos expansivos para festexar as letras Galegas 2011 (idea orixinal de Manolo Rivas). Montedaestrela organizou o de Arteixo, en colaboración co cafe-concerto Bata de Guata, leron poemas de Lois Pereiro: Antón Borrazás e Tati Mancebo (poestas de Arteixo), "Sapoconcho" e Rebeca Sánchez (veciños tamén do concenllo) o toque musical o puxo Cantigas da Terra, con dous músicos de primeira que tocaron pezas populares Galegas coas súas zanfoñas. Videos: 1d7, 2d7, 3d7, 4d7, 5d7, 6d7 e 7d7.


Exposición Fernando Evangelio
Xilografías recentes expostas no recén inaugurado café Fábula de Arteixo  organizado polo obradoiro Milpedras e en colaboracion de Montedaestrela (Video)


Exposición individual da artista JULIA ARES (video inauguración)

Foi unha ocasión para acercarse a súa obra en xoiería e escultura en pequeno formato, do 31 de marzo ao 17 de abril de 2011 no Centro Civico de Arteixo.








O 9/4/2011 rota por terras de Lousame, visitando as famosas fábricas de papel en ruinas que facian uso da enerxía das numerosas e fermosas fervenzas do concello ao mesmo tempo que moitos muiños ou os restos do histórico mosteiro, un dos mais fortes durante a baixa idade media na Galiza (Video e fotos)
 

O 2/04/2011, Entrevista en mp3 á nosa presidenta Verónica Blanco Magariños dende Catalunya polo programa de radio Cornellá, Sempre en Galiza.


2011/03/15 Podcast na que Monte da Estrela, representada por Xurxo Couto, sae na radio Cuac F.M. da Coruña dentro do programa da A.C. Alexandre Bóveda. Ditos programas están almacenados en recendo.podcast.es


O 27/02/2011,
Rota a pé polas terras de Álvaro Cunqueiro e visita Cultural a Mondoñedo (fotos e videos: 1/5, 2/5, 3/5, 4/5, 5/5).

ver gráfica de altitude e velocidades


O 12/02/2011, visítase no Vicedo, a exposición Palabras para o RecordoProxeto Lingua Viva: Video (descarga en formato libre .ogv con licenza creative commons acme). Estudo e fotografías de inscripcións funerarias en Galego) coordinado por Aida López Vale diplomada en educación infantila pola UDC.


O
29/12/2010, Presentación do  libro “Galiza”, obra inédita de Manuel  María, e do proxecto de Casa Museo do escritor, Centro Cívico de Arteixo. Videos: Aniceto Nunes e Alberte Ansede, Freixeiro Mato, Marica Campo, Poema "A Fala", Gravación de Uxía Senlle.





Mapa da Camiñada por Oseiro e Suevos (11/12/2010), comentada por Xoan Creus Andrade (Arquitecto e profesor do departamento de proxectos arquitectónicos e urbanismo da U.D.C.). Video.

ver gráfica de altitude e velocidades


Videos das II Xornadas de Patrimonio Cultural en Arteixo en novembro do 2010:


 Videos con licenza CC   Palestra 1  Palestra 2  
  sábado 6
O Patrimonio Arqueolóxico
 As vías romana. José Manuel Caamaño Gesto (Profesor de Arqueoloxía da USC): 1/2, 2/2  Estratéxias de conservación, prevención e posta en valor en xacementos castrexos Ángel Concheiro Coello (Arqueólogo): 1/2, 2/2  Colaboradores:
  sábado 13
O Patrimonio Etnográfico
 O patrimonio cultural co desenrolo social, cultural e económico do pobo. Erundina Figueira Alvela Xerente da Fundación Pro-Patrimonio de Rois (A Coruña): 1/2, 2/2  Dinamización dos oficios artesáns tradicionais do Eume. César Dapena Pichel Presidente da Asociación de Artesáns do Eume (A Coruña)  Lourdes Acera Olaso Secretaria da asociación e técnica de dinamización da asociación: 1/2, 2/2  

  sábado 20
O Patrimonio Inmaterial
 A lingua como patrimonio galego fundamental. Xosé Ramón Freixeiro Mato (Catedrático de Filoloxía Galega UDC): 1/2, 2/2  Reflexións sobre a calidade do galego. Xosé Manuel Sánchez Rei (Profesor Titular na Área de Filoloxía Galega e Portuguesa da UDC): 1/2, 2/2  
  sábado 27
O Patrimonio Natural
  Conservación da Natureza. Javier Guitián
(catedrático botánica USC):
1/2, 2/2
 Atraso, progreso e paisaxe.
Lourenzo Fernández Prieto
(Catedrático de Historia Contemporanea USC): 1/2, 2/2
 


*Notas: Se tes problemas para ver estes videos directamente online (caso por exemplo de ter unha conexión lenta), dalle co botón dereito enriba de 1/2 ou 2/2 e escolle "gardar ligazon como". Asi descargarache o video antes de reproducilo e verase millor. Cando completes a descarga abreo co teu reproductor favorito. Son arquivos de como máximo 100 megas, polo que podes levalos inclusibe no teu telefono móbil. A calidade do video é baixa para que sexa cativo en tamaño pero con audio de calidade.







Camiñada polo Incio do 12 de Xuño de A.C.M.E.

Videos representativos da camiñada: Javier Guitián, Marica Campo, O Muiño, Igrexa de San Pedro Fiz.

Albúm Camiñada O Incio


Semana Letras Galegas 2010 por A.C.M.E.

Venres 21 de Maio Centro Cívico de Arteixo

Os Coros das Irmandades, un xeito de vivir o País Parte 1/2 e Parte 2/2 por "Moncho do Orzán"

Audiovisual Pefecto Feijóo (agora tes a oportunidade de velo)

Actuación de Cántigas da Terra





Video da Palestra de Marzal (2010) A.C.M.E:

Identidade, tradición e globalización en Galiza (por Felipe - Senén).

Tivo lugar o Venres 12 de Marzo de 2010, Centro Cívico de Arteixo


                                        .................................


Axenda Cultural 2009


I XORNADA DO PATRIMONIO CULTURAL LOCAL DA A.C.M.E.
"Introducción e conceptos. A revalorización e a divulgación"
 Sábado 19 de Decembro de 2009 Centro Cívico de Arteixo


Estado de conservación dos bens arqueolóxicos en Arteixo no 2009



Video Palestra 1:

A simboloxía das aves en Arteixo, dos fastos e dos festexos
(por Francisco Antonio Vidal Escritor - Investigador)

Video  Palestra 2 (en castelán):

Patrimonio: Coñecer, protexer, conservar
(por Begoña Fernández Rodríguez, Mestra do Departamento de Historia da Arte da Universidade Compostelá)

Video Palestra 3 (Galego-castelán):

Patrimonio e publicidade
(por Juan M. Monterroso MonteroMestre Titular do Departamento de Historia da Arte da Universidade  Compostelá)

Video  Palestra 4:

Protección e conservación do patrimonio arqueolóxico no Concello de Arteixo
(por Manuel Díaz Vázquez, Arqueólogo)

Video Palestra 5:


Patrimonios olvidados, patrimonios desexados e patrimonios rexeitados, Procesos de construción da memoria por xentes de aquí e de acolá
(por Xurxo Ayán Vila, Laboratorio de Patrimonio, CSIC)

Video Palestra 6:

A Fundación Terra Termarum Castrolandín, unha experiencia de xestión do patrimonio arqueolóxico liderada pola comunidade local
(por Carlos Otero Vilariño, Director das actuacións arqueolóxicas en Castrolandín (LaPa - CSIC) e Mario Touceda Torres, Coordinador das actividades da Fundación Terra Termarum)

Video Palestra 7:

A Capela e o Monte da Estrela, O reto dunha xestión e mediación no patrimonio cultural
(por Verónica Blanco Magariños, Xurxo Couto Rodríguez e Mónica Montero Borrazás)