Presentación

Benvidos á vosa Web,
se tedes unha teima pola Cultura Galega.

Dende Arteixo queremos impulsar a Cultura Galega en tódolos ámbitos posibeis
Para isto nace a Asociación Cultural Monte da Estrela no verán de 2008.

AXENDA CULTURAL DECEMBRO 2009

Imaxe1: Vistas do Paseo marítimo e praia de Valcobo en Arteixo. Fotografía baixada de Google - Imaxes.
Imaxe2: Vista da capela do Monte da Estrela (2008).

FALANDO DE PATRIMONIO


Falando de Patrimonio Arteixo é un concello que se encontra adormecido, porque a pesar do eclipse que produce o polígono de Sabón, o certo é que a súa Historia como pobo non comenza a partir de aquí, senón de moito más atrás, dende a Prehistoria.O que fai falla é coñecela e difundila protexendo as súas manifestacións, algo moi sinxelo pero que require os ingredientes necesarios.


Tendo en conta que, o termo Patrimonio Histórico na actualidade considera como Bens Culturais:


  • Os inmobles e obxectos mobles de interese artístico, histórico, paleontolóxico, arqueolóxico, etnográfico, científico e técnico;

  • O Patrimonio documental e bibliográfico;

  • Os xacementos e zonas arqueolóxicas;

  • Os sitios naturais, xardíns e parques, que teñen valor artístico, histórico ou antropolóxico;


É evidente que Arteixo posúe un amplio patrimonio, tanto natural como cultural, porque o certo é que o Concello está formado por trece parroquias, cada unha delas coa súa porción de bens, tanto naturais como artísticos, sendo evidentemente a de Arteixo a máis urbana e popular. As restantes, na súa maioría grandes descoñecidas para os foráneos e mesmo para os naturais do concello, son as que conservan a esencia do rural e grandes sorpresas patrimoniais esquecidas.


Como solución para reconstruir a débeda cun pasado que debería preocupar e implicar ó conxunto da sociedade, animamos a colaborar. Porque cambiar esta situación e conseguir que, neste caso, Arteixo comece a espertar e potencializar o seu Patrimonio é posible coa axuda de todos e dun persoal cualificado. Desta maneira estaremos máis cerca de poder xestionar como é necesario, e según marcan as leis e as nosas obrigas como ciudadanos, un legado que en boa parte está apocado a perderse.





ANIVERSARIO: Neste 2009 cumprense 1600 anos da creación do primeiro reino de Galiza (a partir da Gallaecia Romana). Por algo somos un dos pobos máis antigos de Europa. Felicidades