unha fotografía moi boa de Joan Fontcuberta (Barcelona, 1955). De Fontcuberta sobre todo recordaba Sputnik, un proxecto que lle levou ata Rusia para documentarse sobre a historia do astronauta Igor Istoichnikov, quen desapareceu mentres a súa nave estaba en órbita xunto coa súa cadela Klola. O Goberno Soviético fixo desaparecer toda documentación oficial para silenciar o caso en plena carreira espacial e a versión oficial afirmaba que Istoichnikov morrera na súa casa meses antes por unha enfermidade. Toda a súa contorna foi chantaxeada para que non falase. Grazas a un xornalista americano, Michael Area, a historia saíu luz como se pode ver na Fundación Sputnik, unha organización que naceu para sacar á luz os segredos do programa espacial ruso. Istoichnikov significa fonte cuberta. Todo esa historia era ficción. Foi unha invención de Fontcuberta en 1997 para unha exposición na Fundación Telefónica e que máis tarde itinerou por varias cidades exhibindo fotografías do cosmonauta (o propio Fontcuberta), montaxes, fotografías falsas doutras misións, etc. Cuestionar a credibilidade do espectador. Gañou o Premio Nacional de Fotografía por este traballo e no seu momento creeou algo de revuelo, algúns medios nun primeiro momento tomaron todo isto por verídico. Aínda que o máis difícil aínda fixoo, quen senón, Iker Jimenez en CatroTV. Dez anos despois fai un especial sobre o tema presentándoo como verídico, ata que alguén corrixelle demasiado tarde e ten que desculparse en directo. A fotografía do MACUF titúlase Münch, é tiraxe cromoxénica montada sobre alumnio (non usar para envolver o bocadillo), unha paisaxe creada con computadores a partir do Grito de Münch. Fixádevos con calma, unha marabilla. |
unha fotografía moi boa de Joan Fontcuberta (Barcelona, 1955). 