Moción íntegra


Moción situación do servizo de limpeza viaria 

 

 Euloxio Santos Leites, voceiro de Iniciativa polo Morrazo, plantexa para o seu debate polo Pleno da Corporación a seguinte:

 

MOCIÓN: SITUACIÓN DO SERVIZO DE LIMPEZA VIARIA

 

 

Con data 8 de febreiro de 2007 o concello de Moaña asinou o contrato coa empresa URBASER para a  prestación dos traballos de limpeza viaria. A duración do contrato é de 10 anos e o prezo do contrato  que se establecía no concurso polo importe de 2.689.998 euros, pechouse en 2.151.998,40 euros, cunha baixa de 538.000 euros e unhas melloras ofertadas pola empresa, e que según o prego se incorporaron o contrato, de 31.587,29 euros.

 

Transcurridos 9 meses dende a formalización de dito contrato observanse  algunhas prácticas, ou ausencia de determinados traballos por parte da adxudicataria que poden supor un incumprimento contractual, e que de proseguir na actual situación poden levar a un deterioro do servizo, e que o obxectivo buscado cando se externalizaron  estes traballos de limpeza, que non era outro que mellorar a calidade de vida dos veciños, non se cumpra, e polo tanto volvamos o punto de partida.

 

A continuación, para argumentar o anteriormente exposto, pasamos a realizar un pequeno estudio das obrigas contidas no prego que serviu de base para a adxudicación, así como da descripción realizada pola empresa dos traballos a realizar e que forman parte do contrato, e dos incumprimentos que ó noso xuicio están tendo lugar de xeito reiterado nos últimos meses.

 

Así, no referido o PREGO DE CLAUSULAS TECNICAS:

 

ART.9 SERVIZOS PERMANENTES DE LIMPEZA VIARIA. Establécese o seguinte: Realizaranse barridos diarios de luns a sábado e baldeo unha vez por semana de Novembro a abril e duas veces por semán de maio a outubro de nos roteiros de tipo1. Incluirán: Limpeza e baldeo de beirarruas, calzadas, prazas e aparcamentos, limpeza de gabias abertas e pechadas, limpeza de reixas dos sumdoiros e limpeza de pintadas.

 

Resulta obvio que de todos estes traballos solo se cumpre o referido a barridos, pois o baldeo de aceiras é inexistente, así como a limpeza de gabias e de reixas dos sumidoiros, dando unha imaxe das aceiras sucia e no caso dos sumidoiros co risco que supón de inundación  en algunhas zonas no casode chuvias fortes, asimesmo a limpeza de pintadas brila pola súa ausencia.

 

ART.10. SERVIZOS PERIODICOS DE LIMPEZA

Roteiros de tipo II establecese o barrido 2 días a semán e baldeo cada 15 días de nivembro a abril e de 1 día a semán de de maio a octubre. Considerase tamén como servizo periódico tipo II a limpeza e baldeado da area do mercado a executar todolos mércores e sábados ó remate do mesmo.

 

Neste apartado os incumprimentoa atinxen tamén a ausencia de baldeado e especialmente da zona do mercado donde unicamente se realiza un barrido mecánico.

 

ART.13 MANTEMENTO DE INSTALACIÓNS INFRAESTRUCTURAS E EQUIPOS.

Neste apartado establécese que o adxudicatario incorporará, a maior brevidade posibl, e con prazos non superiores a 1mes, a maquinaria necesaria para a execución dos servizos ofertados.

 

A realidade é que a día de hoxe ainda non se incorporaron o servizo elementos tales como: soplador de mochila, trituradora para as follas.

 

ART.19 BALDEO MANUAL DE BEIRARRUAS E/OU CALZADAS

Consistirá na limpeza das beirarruas, paseos, areas peonís e calzadas mediante o lanzamento de agua a presión...

 

ART.20. BALDEO MECÁNICO DE BEIARRÚAS, PRAZAS E ZONAS PEONÍS.

Consistirá no baldeo mediante a utilización de maquinaria da totalidade da superficie das beirarruas, areas peonis...

 

ART. 22. BALDEO MIXTO DE BEIRARRUAS E ZONAS PEONÍS.

Este sistema utilizarase preferentemente nos tramos de rúa incluidos nun roteiro que permite o baldeo mecánico pero que por existencia de estacionamento permanente de vehículos, ancho escaso de beirarrúas non resultan accesibles para a maquinaria que realiza dito baldeo, así como nas rúas que non dispoñan de bocas de rego suficientes.

 

No referido a estes tres artigos que contemplan todalas posibilidades de baldeo de aciras e zonas peonís posibles, o incumplimento é casi total, limitándose o valdeo exclusivamente da calzada por medio dun camión cisterna, e non en todalas rúas comprometidas.

 

ART.24. LIMPEZA DE GABIAS ABERTAS E PECHADAS E REIXAS DE SUMIDOIROS.

Procederase a limpeza da totalidade das gabias existentes nos roteiros de limpeza...

 

Esta labor importantisima para prever os efectos indesexados das chuvias non se está realizando, e o que é máis grave, na rúa Concepción Arenal foi realizado por operarios municipais no mes de outubro.

 

ART.30. SERVIZOS DE LIMPEZAS ESPECIAIS.

Contempla entre outras: limpeza programada de manchas, limpeza intensiva de pavimentos (chicles...)

 

Un simple paseo polas rúas do centro urbano demostra que nunca se fixeron estes traballos.

 

O detallado do prego de clausulas técnicas permite como vemos avaliar en detalle o grao de cumprimento do servizo e concluir que estamos moi lonxe do que poderiamos considerar como medianamente aceptable. A maiores do anterior, a empresa, dentro da súa oferta incluiu unha descripción exhaustiva dos traballos que realizaría en caso de gañar o concurso, e que o resultar así pasaron a ser obrigacións do contratista. A continuación pasamos a revisar alguns destes apartados nos que tamén existen incumprimentos:

 

OFERTA DA EMPRESA. DESCRIPCIÓN E ORGANIZACIÓN DOS SERVICIOS.

 

4.1.1 BARRIDO MANUAL.

Comprenderá limpiar debidamente las aceras, paseos... y por debajo de los vehículos aparcados así como la limpieza de sumideros.

 

Resulta evidente que o barrido debaixo dos vehículos non se realiza e como xa se dixo anteriormente, tampouco a limpeza de sumidoiros

 

4.1.2 BARRIDO MECANICO DE ACERAS Y CALZADAS

Se realizará en el sector 1 todos los días de lunes a sábado.

 

O barrido mecánico de aceiras non se realizou nunca.

 

4.1.3 BALDEO MANUAL DE ACERAS Y/O CALZADAS

Consistirá en limpiar(con agua a presión y posterior barrido de la suciedad) debidamente las aceras, paseos, plazas y muy especialmente las proximidades de bordillos y por debajo de los vehículos aparcados.

 

Como xa se explicou anteriormente o baldeo de aceiras fai meses que non se realiza e o de prazas públicas nunca, limitándose o baldeo esporádico e mecanico das calzadas de algunhas rúas.

 

4.1.4 BALDEO MECÁNICO DE CALZADAS Y ACERAS

Idem o anterior

 

4.1.8 MANTENIMIENTO Y LIMPIEZA DE DISPENSADORES CANINOS

Contemplase a limpeza de 10 unidades de 50 litros de nueva aportación.

 

A día de hoxe ditos dispensadores nonm existen

 

4.1.9. LIMPIEZA DE ARQUETAS Y REJILLAS.

Se procederá a la limpieza de arquetas y rejillas mediante legonas y palas con la frecuencia que tengan estableciads en cada uno de los sectores.

 

Como dixemos anteriormente estes traballos non se están realizando.

 

4.1.13 LIMPIEZA DE MERCADOS EN LA VÍA PÚBLICA.

Comprenderá el barrido... posteriormente se procederá al baldeo manual de la zona de celebración.

 

Unicamente se está realizando o barrido mecánico da zona do mercadillo, non realizándose o posterior baldeo

 

 5.- MEJORAS.

Dentro do apartado de melloras a empresa ofertou unha serie delas das cales unha gran parte non se materializaron como son:

 

-          Limpeza de marquesinas.

-          Fregado de rúas do sector I: Navas de Tolosa, Mendez Núñez...

-          Aportación de 20 dispensadores caninos.

-           

6. MEDIOS MATERIAIS.

Dentro dos medios mecánicos cos que a empresa debería contar para realizar un mellor traballo figuran algúns que a día de hoxe ainda non se miraron por Moaña, como son:

-          Soplador de mochila

-          Trituradora.

-          Dispensadores caninos.

 

 

Con todo o anterior pretendemos encender a luz de alarma sobre o funcionamento dun servizo que entendemos moi importante para mellorar a apariencia do noso concello, e que todos nos sintamos máis cómodos nel. Entendemos polo tanto que é necesario tomar medidas e poñerlle freno o que consideramos  un funcionamento deficiente por parte da empresa adxudicataria que leva a un deterioro progresivo dun servizo que estamos pagando todolos veciñeo de Moaña. Por esta razón, e polo que Iniciativa polo Morrazo propón ó Pleno da Corporación a adopción do seguinte

 

 

ACORDO:

 

Abrir un expediente informativo a empresa URBASER para comprobar as circunstancias mencionadas neste escrito, avaliar o grao de cumprimento do contrato e si fose necesario exercer as facultades sancionadoras que o mismo establece.

 

 

Moaña a 9 de Novembro de 2007.

 

 

Asdo. Euloxio Santos Leites

Voceiro de Iniciativa polo Morrazo.

 

 

 

 

 

 

 

 

SR. ALCALDE PRESIDENTE DA CORPORACIÓN DE MOAÑA