Completo


 

PROGRAMA ELECTORAL 2007

 

 

 

INDICE

 

 

 

1.- PARTICIPACIÓN E TRANSPARENCIA

 

2.- URBANISMO

 

3.- INFRAESTRUCTURAS E COMUNICACIÓNS

 

4.- MEDIO AMBIENTE

 

5.- ECONOMIA E FACENDA

 

6.- PERSONAL

 

7.- COMERCIO E TURISMO

 

8.- ENSINO

 

9.- CULTURA

 

10.- DEPORTE.

 

11.- SANIDADE.

 

12.- MOCIDADE

 

13.- MULLER

 

14.- TRÁFICO  E SEGURIDADE

 

15.- MANCOMUNIDADE E AREA METROPOLITANA.

 

 

 

 

 

1.- PARTICIPACIÓN E TRANSPARENCIA

 

Durante a presente legislatura puxéronse en marcha algúns medios para o fomento da participación veciñal e do tecido asociativo como foron: creación da concelleria de participación veciñal, creación dos consellos veciñais, con desiguais resultados, pero en todo caso cun resultado claro de apertura do concello á sociedade, e de participación desta na toma de decisións. Faise necesario afondar neste camiño con medidas como as que propoñemos dende Iniciativa polo Morrazo:

 

  • Creación do Consello da Cultura. Donde teñan cabida persoas e entidades vinculadas a producción e animación cultural con funcións de asesoramento

 

  • Creación do consello da xuventude. Con funcións asesoras da labor municipal en política xuvenil

 

  • Instauración da figura do valedor do veciño.Con competencias para atender as queixas dos veciños ante a inactividade municipal, o funcionamento iregular dos servicios, a falla de ejecución dos acordos que se adoptan, o trato discriminatorio…

 

  • Reestructuración  e modificación do Padroado Beiramar, para darlle cabida os axentes sociais máis directamente relacionados coa formación e o emprego: empresarios e sindicatos.

 

  • Revitalizar o Consello Escolar Municipal.

 

 

 

2.- URBANISMO.

 

A lexislatura que remata foi un período de intensa actividade de planificación e desenvolvimento urbanístico: posta en marcha de algunhas figuras de desenvolvimento previstas nas NN.SS. ( O Rosal, A Xunqueira…) consecución de convenios e acordos para a obtención de terrenos para dotacións fundamentais: Traslado do campo de futbol, centro de saúde…e foi a lexislatura da redacción e acordo do PXOM. Paralelamente abordouse a tarefa de construir pobo mediante desenvolvimentos urbanos de calidade: Concepción Arenal, Ramón Cabanillas,O Real… Faise necesario proseguir nesta liña de traballo, buscando acordos e xestionando a mellora das comunicacións, a creación de infraestructuras sanitarias e culturais que nos fagan crecer como pobo, apostando por un modelo sostible, diferenciado e de calidade

 

A próxima debe ser a lexislatura que posibilite tamén a posta en marcha dos proxectos de recuperación e  posta en valor da nosa Costa, para o cal é imprescindible a aposta e concurso doutras Admons. Como é o caso da  Autoridade Portuaria no caso do aterrado de Domaio , costas do estado para a continuación da rexeneración da Xunqueira, é por suposto a xestión municipal a través do desenvolvimento do PXOM. Algunhas das liñas de traballo para Iniciativa polo Morrazo serán:

 

 

 

  • Aprobación e xestión do PXOM.

 

  • Desenvolvimento daquelas áreas establecidas como prioritarias no PXOM, para conseguir dotacións básicas para o concello: culturais, deportivas, asistenciais e de comunicacións.

 

  • Cumprimento do plan de vivenda mediante acordos coa Xunta de Galicia para promover a construcción de vivenda protexida, para garantir o acceso a mesma daqueles colectivos máis sensibles: persoas xóvenes, persoas con recursos  limitados.

 

  • Desenvolvimento do chan industrial e elaboración dun plan para posibilitar a retirada das industrias molestas situadas nos núcleos urbanos.

 

 

  • Creación da oficina de xestión, planificación e desenvolvimento urbanístico: Creación da praza de arquitecto municipal, reforzo da función inspectora, con especial atención as infraccións en materia medioambiental e de patrimonio.

 

 

  • Xeneralizar o modelo de urbanismo humano, ensaiado con éxito no centro urbano, trasladando tamén a aqueles núcleos tradicionais que  necesitan unha urxente posta o día. O modelo de acondicionamento de aceras, dotación de mobiliario urbano, instalación de motivos vexetais e ornamentais debe de chegar   paulatinamente a todalas zonas que conten con concentracións de población.

 

  • Extender a todalas rúas do barrio do Real o proxecto de humanización xa iniciado.

 

 

 

3.- INFRAESTRUCTURAS E COMUNICACIÓNS.

 

O crecemento urbano de Moaña debe ir acompañado daquelas infraestructuras necesarias para mellorala calidade de vida dos veciños, posibilitando o seu acceso en boas condicións as novas tecnoloxías, a vivir e circular en condicións de seguridade etc, por elo, dende Iniciativa polo Morrazo apostamos por:

 

  • Xestionar a financiación necesaria para a elaboración do proxecto e execución da circunvalación do casco urbano de Moaña.

 

  • Esixir da Deputación Provincial un plan e sinatura do convenio correspondente para a mellora dea rede de estradas provinciais: As Barxas - Berducedo, Meira – A Fraga, San Benito – Liñares: Amnpliación, aceiras e alumeado.

 

  • Xestionar coa COTOP un proxecto de mellora dos viais da súa competencia: PO-551, PO – 313 incidindo sobre todo nas obras necesarias para garantir a seguridade vial: dotar estas carreteras de aceiras nos tramos que faltan, dotar  ou mellorar o alumeado das mesmas nos entornos dos núcleos, mellorar a  sinalización vertical e horizontal.

 

  • Transferencia ó concello dos viais da rede autonómica que forman parte da trama urbana do concello, previa aprobación de proxecto e execución das obras necesarias de mellora.

 

  • Promover a construcción coa iniciativa privada de aparcamentos soterrados no casco urbano de Moaña, para dar solución as cada vez máis grandes necesidades de aparcamento.

 

  • Proseguir coa implantación de servizos básicos e de futuro: xeneralización da rede de gas natural e fibra óptica a todos os núcleos.

 

  • Tomar as medidas necesarias para garantir o subministro eléctrico ó Concello de Moaña en condicións de seguridade, fiabilidade e para asegurar o crecimento do pobo.

 

  • Extender progresivamente ó acceso gratuíto a internet mediante unha rede wifi municipal.

 

  • Xestionar as obras necesarias para garantir o subministro de agua de consumo ó Concello e extensión da rede de subministro municipal a todolos núcleos habitados.

 

 

 

4.- MEDIO AMBIENTE.

 

Moaña dispón dun medio natural rico , diverso e cun potencial enorme, que debe poñerse en valor e ser unha das sinais de identidade deste pobo. Durante esta lexislatura os recursos para a mellora do entorno centráronse en extender o servicio de saneamento os pequenos núcleos que ainda non o posuian, na mellora dos accesos e servicios as praias, control dos verquidos… faise necesario dar un salto cualitativo no senso de garantir unha suficiencia dos recursos para abastecimento, e para a posta en valor e mantemento dos recursos sendeiristicos e paixasíticos,así como mellorar o mantemento e conservación de todalas zonas verdes. Algunha das medidas a levar a cabo polos homes e mulleres de Iniciativa polo Morrazo son:

 

 

  • Realización dos estudios e convenios necesarios con aguas de Galicia para garantir o subministro de agua.

 

  • Recuperar e potenciar o plan de tratamento de residuos sólidos do Morrazo.

 

  • Xestionar coa iniciativa privada un centro de reciclaxe de materiais da construcción.

 

 

 

  • Creación dunha rede de puntos limpios para residuos domésticos: mobles, electrodomésticos, refugallos da reparacións domésticas…

 

  • Extensión do servizo de saneamento a todolos núcleos de población.

 

  • Elaboración dun plan de recollida de aguas pluviais e garantir así o separativo das aguas fecais que van a depuradora.

 

  • Control riguroso da calidade das aguas das praias e zonas de baño, así como dos manantiais públicos.

 

  • Mantemento, mellora e posta en valor das zonas verdes existentes, rotas sendeirísticas e paseos fluviais

 

  • Introducir nos edificios públicos sistemas de abastecimento enerxéticos baseados en enerxías renovables: solar térmica e fotovoltaica

 

  • Potenciar o uso de bicicletas no centro urbano, completando os carrís bici e establecendo prioridade para peons e bicis en determinadas zonas urbanas.

 

 

 

5.- ECONOMÍA E FACENDA.

 

Si por algo se caracterizou a acción de goberno nestes anos foi na seriedade e responsabilidade  practicada a hora de aplicar medidas de saneamento económico da Institución municipal que se atopaba nunha grave crise: pago de debedas firmes, de sentencias xudiciais, das obrigas coa seguridade social…que supuseron o sentar as bases para dispor nun horizonte a medio prazo dunha economía saneada que lle permita a Institución afrontar o futuro nunhas condicións mellores. Faise necesario polo tanto seguir adoptando medidas como: 

 

 

  • Proseguir coa aplicación do convenio e plan de pagos das débedas a seguridade social.

 

  • Adopción de medidas de contención do gasto corrente.

 

  • Mellora-lo rendimento dos impostos municipais mediante unha adecuada e permanente depuración e xestión dos padrós dos diversos servicios.

 

  • Realizar campañas para conseguir o empadronamento de persoas residentes no concello pero empadroadas neutros.

 

  • Esixir da Admón. Autonómica e provincial a mellora dos sistemas de financiamento municipais con incremento dos recursos en función de parámetros

 

 

 

como poboación, extensión da rede de servizos municipais, dispersión xeográfica, sistema impositivo… e sobre todo establecer un código claro ,transparente e razonado de concesión de subvencións.

 

 

 

6.- PERSOAL

 

Durante a presente lexislatura, apostouse por instaurar a legalidade e eliminar a arbitrariedade en materia de contratacións: creación de listas libres e transparentes para a contratación temporal, realización de ofertas públicas de emprego para a cobertura de vacantes, é decir, centrouse en normalizar a vida laboral. A asignatura pendente é a organización dos distintos departamentos do concello, delimitando funcións e responsabilidades , mellorar na atención ó público e facer máis doado o acceso dos cidadáns os recursos municipais, con medidas como:

 

  • Definición clara dun organigrama de persoal, situando o fronte dos mesmos, exercendo as súas funcións na materia, os máximos responsables administrativos:secretario e interventor.

 

  • Establecer por departamento un catálogo de postos de traballo onde se recollan as funcións, atribucións e retribucións de cada persoa.

 

  • Definir que postos de traballo deben ser cubertos de xeito permanente e realizar as oportunas ofertas de emprego público.

 

  • Establecemento dun procedemento de contratacións para a realización de substitucións, baseado en listas abertas e públicas onde a igualdade de oportunidades e a transparencia sexan garantía permanente.

 

  • Consensuar cos traballadores e os seus representantes un plan de intervención contra o absentismo laboral.

 

  • Negociación dun novo convenio e acordos laborais que sitúen o actual e as relacións laborais no respecto a legalidade.

 

 

7.- COMERCIO E TURISMO.

 

Sen lugar a dúbidas dúas das concellerías practicamente desaparecidas da actividade municipal, limitándose a súa actividade nos últimos anos a xestión do día a día da praza de abastos e do mercadillo ambulante. Esta falta de política de comercio e turismo, fai que pese os seus indubidables recursos naturais: litoral, fluviais, rústicos...Moaña ocupe un papel secundario na comarca do Morrazo. Falta proxección exterior  e potenciación dos recursos (infraestructuras, empresas, medios naturais...) de cara a ampliación da oferta turística do concello.

           

Falta promoción dos eventos culturais dende o punto de vista turístico. Falta unha política de dinamización do pequeno comercio local que lle de vida o centro urbano, e que contribúa a fixar poboación e visitantes..En fin , falta montar a concellería como tal, xa que ata agora so estivo nominalmente. Por estas razóns dende Iniciativa polo Morrazo propoñémonos darlle a volta a esta situación, facendo que Moaña ocupe o lugar que lle corresponde, con medidas como:

 

  • Desenvolver un plano de actuación de apoio e modernización do comercio e hostalería da vila.

 

  • Potenciación de políticas de fomento dun urbanismo comercial baseado na formación de centros ou rúas comerciais abertos, extendedo o modelo de Concepción Arenal a outras partes do centro urbán

 

  • Oposición a introducción masivo de fórmulas monopolizantes no sector comercial.

 

  • Promoción de políticas de apoio o turismo no exterior, con presencia nos eventos feirísticos do sector, creación dunha páxina web especializada e edición de publicidade especializada.

 

  • Creación da comisión de turismo da Mancomunidade e dotala de orzamentos.

 

 

 

  • Incremento Dos puntos de información turística, nas zonas de entrada en Moaña: PO-551 na Xunqueira, Estación marítima de ría.

 

8.- ENSINO.

 

Ainda que as competencias en materia de ensino están a maioría en mans da Admón.. autonómica, os esforzos do concello deben ir encamiñados a axudar na  mellora,na medida do posible, da calidade do sistema educativo público, entendendo que toda inversión en educación contribue fundamentalmente a construcción dunha sociedade máis libre, culta e tolerante . Nestes últimos catro anos xeneralizouse mediante a colaboración fundamental do concello,o servizo de comedor nos colexios de primaria, para os vindeiros anos, dende Iniciativa polo Morrazo, propoñemos as seguintes medidas:

 

  • Potenciación da formación profesional de base a través da formación ocupacional. Considerando que está constitue a mellor vía para adaptarse as necesidades cambiantes do mercado de traballo, e a formación en especialidades emerxentes que non teñen resposta na formación profesional regrada. Ë necesario apostar pola institución do padroado Beiramar, dotando dunha estructura profesional que lle permita ser autónomo no seu funcionamento e establecimento de programas. Faise necesario dotalo, polo tanto dun organigrama de persoal, creando a función de xerente e establecendo o cadro de persoal necesario para garantir o seu funcionamento.

 

  • Creación da gardería municipal de Moaña en colaboración coa Vicepresidencia da Igualdade.

 

  • Xeneralización da oferta de comedores escolares, establecendo igualdade de coste para todos e extendendo as escolas de educación infantil.

 

  • Creación dentro do cadro de persoal municipal da figura do conserxe- operario de mantemento.

 

  • Potenciar as ensinanzas musicais, creando unha ubicación definitiva para a Escola de Música, e integrando nela a escola de Gaita.

 

  • Presionar para que a Xunta de Galicia asuma os gastos de mentenemento dos centros de infantil e primaria, incluidos os gastos correspondentes os comedores escolares.

  

 

9.- CULTURA.

 

Nesta lexislatura que remata fíxose un importante esforzo por mellorar as instalacións de tipo cultural: Daniel Castelao, Rosalía de Castro, O cruceiro…que permitirá desenvolver as actividades nos mesmos nunhas condicións dignas. Faise necesario andar un paso máis dotando o concello da gran infraestructura cultural demandada por todos: o Auditorio. Tamén se mellorou a financiación da biblioteca e se garantizaron ofertas existentes e introducironse outras novas: maxia , biblioteca na praia… Dende Iniciativa polo Morrazo propoñemos traballar nas seguintes liñas:

 

 

  • Creación dun Consello municipal de Cultura, con participación dos axentes culturais, como organo de debate e asesoramento.

 

  • Descentralización da oferta cultural, usando para elo as infraestructuras dos barrios e parroquias, convertindo os centros culturais dos barrios e parroquias en centros de dinamización cultural.

 

  • Creación das infraestructuras de tipo cultural necesarios :

 

·         Xestións para conseguir a financiación para a construcción do Auditorio Municipal.

·         No marco do desenvolvimento do PXOM: Xestionar a recuperación do patrimonio arquitectónico de Moaña para destinalo a fins culturais: a Biblioteca Central (Pazo de Méndez Núñez) Casa de Garcia Arenal.

·         Destinar o 1º andar da praza de abastos para fins socioculturais.

 

  • Potenciación da Biblioteca municipal, así como das actividades da mesma, mediante medidas como:

 

    • Melloralas instalacións da Biblioteca Central, que debe ser un edificio específico, pensado e diseñado como tal., cunha concepción moderna :Zonas infantiles con decoración, mobiliario e instalacións multimedia adecuadas. Amplia hemeroteca nun espacio separado e con mesas amplias, videoteca, discoteca

 

    • Reforzo do persoal de bibliotecas  para garantir a  súa apertura continuada todo o ano

 

    • Seguir potenciando a conexión entre a biblioteca central e as dos colexios que deben funcionar como bibliotecas de barrio.

 

    • Ampliar a dotación económica anual a biblioteca para que poida estar ó día nas publicacións.

 

    • Desenvolvimento de campañas de animación a lectura, extendendo o servizo de bibliopraias

  

  • Contemplar a programación cultural como actividade xeradora de riqueza e ligala a promoción turística do Concello.

 

  • Creación do Centro da Memoria para a recuperación, mantemento e edición do material sonoro, audiovisual e fotográfico existente.

  

10.- DEPORTE.

 

Moaña dispón dunha rede de pabillóns e instalacións deportivas , algúns dos cales teñen unha antiguedade importante, polo cal o traballo inmediato neste campo será o acometer un proxecto de conservación e mantemento dos mesmos a semellanza do feito cos centros culturais nestes últimos anos. Asimismo é necesario darlle un pulo importante a construcción do campo deportivo municipal e das pistas de atletismo para que os nosos rapaces poidan seguir coa práctica da actividade deportiva nas mellares condicións. Por eso as propostas de traballo para a próxima lexislatura  de Iniciativa polo Morrazo pasarán por:

 

  • Construcción do novo campo de futbol no Casal para posibilitar o traslado do actual, e das pistas de atletismo.

 

  • Plan de inversións para a mellora da actual rede de pabillóns deportivos e ampliación da mesma a parroquia de Tirán, así como mellora do pavimento das pistas exteriores.

 

  • Delimitación e sinalización de zonas para actividades físicas de mantemento non estrictamente competitivas: sendeirismo, carrís bici…

 

  • Apoio a actividade dos clubes e asociacións deportivas, non só económica, senon promovendo premios, competicións, e co apoio as escolas deportivas…

 

  • Potenciación das instalacións do Beque como zona de ocio e actividade deportiva ligada coa naturaza.

 

  • Ampliar os horarios de uso dos pabellóns para facilitar o seu mellor aproveitamento.

 

  • Habilitación de zonas para campos de petanca.

 

  • Instalación de mesas exteriores de axedreaz e outros xogos.

 

 

11.-SANIDADE.

 

A atención sanitaria e a educación para a saúde a pesares de non ser areas de competencia municipal, e debido a que a herencia deixada polo anterior goberno galego foi desoladora, constituen un dos puntos débiles en canto a calidade de vida do pobo.

 

Seguimos cun centro de saude que non reune as condicións desexables de accesibilidade, medios e dotacións humáns e materiais, seguimos dependo dun centro hospitalario privado para a asistencia especializada e hospitalización , con largas listas de espera, que superan os parámetros máis laxos. O esforzo nestes catro anos centrouse na consecución de terreos para o tan ansiado centro de saúde, polo tanto é necesario o compromiso da Admón. Autonómica para non introducir máis retrasos na tan ansiada construcción dunha instalación que dé resposta as necesidades non só actuais senon futuras do Concello. En consonancia co anterior as liñas de traballo para a legislatura próxima de Iniciativa polo Morrazo deben ser:

 

  • Construcción do centro de saúde en Sixalde que substitua a actual Casa do Mar, poñendo os terreos a disposición do SERGAS.

 

  • Implantación neste novo Centro de saúde das técnicas máis innovadoras en telemedicina e telediagnóstico.

 

  • Demandar a dependencia de Moaña dun centro hospitalario público como centro de referencia.

 

  • Implantación das especialidades máis necesarias: unidades de saúde mental, servicio de planificación familiar, traumatoloxía e xinecoloxía.

 

  • Desenvolvimento do modelo de atención primaria potenciando: promoción da saúde, asistencia sanitaria continuada e educación sanitaria , atendidos por equipos multidisciplinares.

 

  • En tanto non se construa o novo centro de saúde, esixir do SERGAS a adopción de medidas para mellorar a accesibilidade do actual, instalando un ascensor e dotando dos medios pertinentes.

 

 

 

12.-SERVICIOS SOCIAIS.

 

Tendo en conta os obxectivos establecidos pola lei de dependencia, e contando cos recursos que necesariamente debe achegar, é necesario replantexar as funcións dos servizos sociais, tratando de garantir a información axeitada a todolos posibles usuarios, e realizando unha mayor labor de campo, para detectar aquelas situacións de incapacidade, falla de recursos … máis graves, é necesario acercar de xeito sistemático estes servizos a todolos lugares de Moaña, por elo dende Iniciativa polo Morrazo propoñemos a sseguintes liñas de traballo preferente:

 

 

 

  • Redefinir as funcións, obxectivos e estructura dos servizos sociais coa finalidade de optimizar o seu funcionamento e coordinación con areas como son: muller, xuventude e cultura.

 

  • Descentralización da activiade dos servizos sociais, con presencia nos centros dos barrios e parroquias.

 

  • Desenvolver unha programación continuada de charlas e campañas de divulgación nos colexios sobre problemáticas dos xóvenes: drogas, emprego, alcoholismo, embarazos xuvenís…

 

  • Desenvolvimento de programas de reinserción social en colaboración co padroado Beiramar.

 

  • Especial atención  as situacións de emerxencia social: mendicidade, falla de recursos, malos tratos…

 

  • Desenvolvimento de programas de atención a persoas maiores: formación e ocio.

 

  • Potenciación dos programas de asistencia a persoas maiores ou impedidas nos seus domicilios, incluíndo posible servicio de catering.

 

  • Creación dunha rede de voluntariado social.

 

  • Xestión de convenios coa entidades e asociacións que traballan específicamente con colectivos de persoas maiores, discapacitados, excluidos… para o mellor desenvolvimento das súas actividades.

 

  • Promover a creación dun centro de día.

 

 

12.- MOCIDADE.

 

Neste eido supuso un avance importante a creación da Csa da Xuventude do Rosal, a cal permite os xovenes dispoñer dun espacio propio,ainda que insuficiente para desenvolver moitas das súas inquietudes. Os eixos básicos sobre os que dende Iniciativa polo Morrazo creemos que debe xirar a política municipal en materia de xuventude deben ser: Formación, información, emprego, vivenda, ocio e tempo libre.

 

  • Situar como obxectivo da lexislatura a construcción de vivendas de promoción pública en rexime de propiedade e alquiler, destinada a xóvenes, co obxectivo de permitirlles o acceso a vivenda a precio asequible para posibilitar a emancipación e a independencia persoal.

  

  • Ofrecer información descentralizada sobre a existencia do servicio de atención a xuventude e sobre os servicios que se prestan e locais que  se posuen.

 

  • Informar e coordinar todolos recursos existentes, así como asegurar unha coordinación efectiva entre todalas entidades e colectivos. Ofertar instalacións públicas para actividades, como unha sá de ensaios para grupos musicais.

 

  • Recollida, elaboración  e difusión de información sobre diferentes temas: ofertas de emprego, oposicións e concursos, actividades culturais, viaxes, turismo…e descentralizar esta información a través das AA.VV.

 

  • Promover a creación cultural entre os xóvenes e a difusión das súas obras.Garantir os medios necesarios para promover actividades autoorganizativas de ocio.

 

  • Creación do Consello da Xuventude.

 

  • Coalaboración coas asociacións subvenís na organización de festivais e outros eventos: Festichan, Moaña sonora…

 

  • Posta en marcha da emisora de radio municipal.

  

13.- MULLER.

 

Un dos logros en materia de muller deste período de goberno foi a creación do CIM con persoal especialista para atender os problemas específicos. Neste futuro inmediato, faise necesario  consolidar os equipos de traballo e pasar dunha fase de resposta a problemas a anticipación ós mesmos, a traballar na creación das condicións sociais que permitan realizar tarefas de anticipación e prevención evitando situacións de exclusión social, de violencia etc Por eso, dende Iniciativa polo Morrazo propoñemos a s seguintes medidas:  

 

  • Potenciación  do servizo de información e atención a muller. Atención descentralizada.

 

  • Estudiar a posible creación mancomunada dunha casa de acollida de mulleres maltratadas en colaboración coa Xunta de Galicia.

 

  • Potenciación de cursos e actividades dedicadas específicamente ao fomento da formación e emprego da muller

 

 

14.- TRAFICO E SEGURIDADE

 

A policía local é un servicio público de carácter integral, entendido esto como o mantemento dunha estructura permanente as 24 horas os 365 días do ano, que tente dar solución con eficacia os problemas suscitados polos veciños, nos diversos eidos ós que estenden as súas funcións:administrativo, ámbito privado, tráfico e seguridade cidadán, en aras dunha mellor calidade de vida. Así o dereito ó descanso (ruídos) a seguridade e a liberdade (ameazas, coaccións, tráfico e consumo de drogas) a tranquilidade en relación coa prevención (mediación en conflictos entre particulares), o entorno limpo e

 

practicable(residuos sólidos) etc son algúns exemplos ilustrativos da afirmación anterior.

Para conseguir esa policía integral ó servicio da comunidade, dende Iniciativa polo Morrazo, estimamos que é necesario actuar nas seguintes direccións:

 

  • Dotar a policía do persoal e cadros de mando necesarios, para poder cumprir o enunciado anteriormente así como atender a formación continuada da plantilla para ter especialistas nas materias enunciadas.

 

  • Reforzar e apoiar administrativamente as funcións da policía no campo de aplicación e vixilancia das ordenanzas municipais: control de ruídos, residuos sólidos, abandono de animais...

 

  • Reforzar a labor de control de tráfico con presencia permanente de patrullas nas rúas.
  • Desenvolvemento de políticas de prevención de accidentes a través de programas integrais de educación vial nos colexios dirixidos a tódolos membros da Comunidade escolar.

 

  • Actuación en materia de seguridade cidadán: atención inmediata, labor preventiva en colaboración cos servicios sociais,actuación decidida no campo do

 

 

 

  • tráfico de estupefacientes, , políticas dirixidas a prevención do maltrato e actuacións contundentes fronte os maltratadores.

 

  • Reorganización e reforzamento das funcións de protección civil, cunha restructuración do servizo e a creación e promoción dun auténtico voluntariado.

  

 

 

15.- MANCOMUNIDADE E AREA METROPOLITANA.

 

 

A actividade da Mancomunidade do Morrazo estivo nestes anos baixo mínimos, lastrada pola herencia do contrato de xestión dos residuos sólidos, que orixinou unha debeda que a sumerxiu nunha crise moi grave. Todos os esforzos durante estes catro

 

anos  centraronse no servizo de recollida de lixo e en tratar de tomar medidas para sobrevivir. Faise necesario revitalizar esta institución para facer valer o peso e a identidade da comarca, tomando iniciativas conxuntas en materias como poden ser o turismo, a promoción e programación cultural e en actuacións relativas o medioambiente, é decir, actuando como unha unidade.

 

O mesmo tempo, e dende unha mancomunidade forte, que crea en si mesma e nas súas posibilidades, é necesario abordar o problema das relacións metropolitanas con Vigo e a súa área de influencia, instando  a Xunta de Galicia a creación dun marco lexislativo que permita funcionar o que de facto xa existe dende sempre: a interrelación existente entre os pobos da ría de Vigo, e que se concreta en ámbitos da vida diaria como son: traballo, estudios, residencia, transporte…Este novo marco lexislativo debe contemplar  tomar medidas destinadas a abordar os problemas existentes: transporte metropolitano: terrestre e maritimo e a sua coordinación, abastecimento de agua e outros servicios compartidos, xestión de residuos, políticas industriais e de turismo, sistemas de financiación dos mesmos…

 

Evidentemente na medida en que este novo marco de colaboración e entendemento nazca e se desenvolve, debe conlevar a desaparición daquelas estructuras administrativas obsoletas como son as Deputacións e as súas competencias deben ser abordadas por este novo ente, máis próximo e con funcións regradas.