Reestructuración e modificación do Padroado Beiramar, para darlle cabida ós axentes sociais
Revitalizar o Consello Escolar Municipal.
2.- URBANISMO
Aprobación e xestión do PXOM.
Desenvolvemento daquelas áreas establecidas como prioritarias no PXOM, para conseguir dotacións básicas para o concello: culturais, deportivas e asistenciais.
Promover a construcción de vivenda protexida para garantir o acceso a mesma daqueles colectivos máis sensibles: persoas xóvenes, persoas con recursos limitados.
Desenvolvemento do chan industrial e elaboración dun plan para posibilitar a retirada das industrias molestas situadas nos núcleos urbanos.
Creación da oficina de xestión, planificación e desenvolvemento urbanístico:
Traslado do modelo de humanización das rúas do centro a outros barrios
Extender a todalas rúas do barrio do Real o proxecto de humanización xa iniciado.
3.- INFRAESTRUCTURAS E COMUNICACIÓNS
Xestionar o financiamento necesario para a elaboración do proxecto e execución da circunvalación do casco urbano de Moaña.
Esixir da Deputación Provincial un plan para a mellora da rede de estradas provinciais: As Barxas - Berducedo, Meira – A Fraga, San Benito – Liñares: Ampliación, aceiras e alumeado.
Xestionar coa COTOP un proxecto de mellora dos viais da súa competencia, incidindo sobre todo nas obras necesarias para garantir a seguridade vial. Transferencia ó concello dos viais da rede autonómica que forman parte da trama urbana do concello.
Promover a construcción de aparcamentos soterrados no casco urbano de Moaña.
Xeneralización da rede de gas natural e fibra óptica a todos os núcleos.
Extender progresivamente ó acceso gratuíto a internet mediante unha rede wifi municipal.
Xestionar as obras necesarias para garantir o subministro de agua de consumo ó Concello e extensión da rede de subministro municipal a todolos núcleos habitados.
4.- MEDIO AMBIENTE
Recuperar e potenciar o plan de tratamento de residuos sólidos do Morrazo.
Xestionar coa iniciativa privada un centro de reciclaxe de materiais da construcción.
Creación dunha rede de puntos limpios para residuos domésticos.
Extensión do servizo de saneamento a todolos núcleos de población.
Elaboración dun plan de separación das aguas pluviais e fecais
Mantemento, mellora e posta en valor das zonas verdes existentes, rotas sendeirísticas e paseos fluviais
Introducir nos edificios públicos sistemas de abastecemento enerxéticos baseados en enerxías renovables: solar térmica e fotovoltaica
Potenciar o uso de bicicletas no centro urbano, completando os carrís bici .
5.- SANIDADE
Construcción do centro de saúde en Sixalde que substitua a actual Casa do Mar,.
Implantación neste novo Centro de saúde das técnicas máis innovadoras en telemedicina e telediagnóstico.
Demandar a dependencia de Moaña dun centro hospitalario público como centro de referencia.
Implantación das especialidades máis necesarias: unidades de saúde mental, servicio de planificación familiar, traumatología e xinecoloxía.
Desenvolvemento do modelo de atención primaria.
6.- CULTURA
Creación dun Consello municipal de Cultura,
Construcción do Auditorio municipal
Construcción da Biblioteca Central no pazo de Méndez Núñez.
Destinar o 1º andar da praza de abastos para fins socioculturais.
Potenciación da Bibliotecas municipais, así como das actividades das mesmas.
Desenvolvemento de campañas de animación a lectura, extendendo o servizo de bibliopraias
Conversión dos centros culturais dos barrios e parroquias en centros de dinamización cultural.
Creación do Centro da Memoria para a recuperación e edición do material sonoro, audiovisual e fotográfico existente.
7.- DEPORTES
Construcción do novo campo de futbol no Casal e das pistas de atletismo.
Plan de inversións para a mellora da actual rede de pabillóns deportivos e ampliación da mesma a parroquia de Tirán.
Creación e sinalización de zonas para actividades físicas de mantemento
Apoio a actividade dos clubes e asociacións deportivas, non só económica, senon promovendo premios, competicións, e co apoio as escolas deportivas…
Potenciación das instalacións do Beque como zona de ocio e actividade deportiva ligada coa naturaza.
Ampliar os horarios de uso dos pabellóns para facilitar o seu mellor aproveitamento.
Instalación de mesas con taboleiros de xadrez incorporados no entorno de parques e casas da cultura.Taboleiros xigantes no chan dos parques
8.- ENSINO
Potenciación da formación ocupacional a través do Padreado Beiramar.
Creación da gardería municipal de Moaña.
Xeneralización da oferta de comedores escolares, establecendo igualdade de coste para todos e extendendo o servicio as escolas de educación infantil.
Creación dentro do cadro de persoal municipal da figura do conserxe- operario de mantemento.
Potenciar as ensinanzas musicais,
Xestionar que a Xunta de Galicia asuma os gastos de mantemento dos centros de infantil e primaria.
9.-SERVICIOS SOCIAIS
Descentralización da activiade dos servizos sociais, con presencia nos centros dos barrios e parroquias.
Desenvolver unha programación continuada de charlas e campañas de divulgación nos colexios sobre problemáticas dos xóvenes: drogas, emprego, alcoholismo, embarazos xuvenís…
Desenvolvemento de programas de reinserción social en colaboración co padroado Beiramar.
Desenvolvemento de programas de atención a persoas maiores: formación e ocio.
Potenciación dos programas de asistencia a persoas maiores ou impedidas nos seus domicilios, incluíndo posible servicio de catering.
Creación dunha rede de voluntariado social.
Xestión de convenios coas entidades e asociacións que traballan específicamente con colectivos de persoas maiores, discapacitados, excluidos
Promover a creación dun centro de día.
10.- MULLER
Potenciación do servizo de información e atención a muller. Atención descentralizada.
Estudiar a posible creación mancomunada dunha casa de acollida de mulleres maltratadas en colaboración coa Xunta de Galicia.
Potenciación de cursos e actividades dedicadas específicamente ao fomento da formación e emprego da muller
11.- MOCIDADE
Construcción de vivendas de promoción pública en rexime de propiedade e alquiler, para permitir o acceso a vivenda para posibilitar a emancipación
Ofrecer información descentralizada sobre a existencia do servicio de atención a xuventude e sobre os servicios que se prestan e locais que se posuen.
Informar e coordinar todolos recursos existentes, así como asegurar unha coordinación efectiva entre todalas entidades e colectivos. Ofertar instalacións públicas para actividades.
Recollida, elaboración e difusión de información sobre diferentes temas: ofertas de emprego, oposicións e concursos, actividades culturais, viaxes, turismo…e descentralizar esta información a través das AA.VV.
Promover a creación cultural entre os xóvenes e a difusión das súas obras.
Creación dunha sá de ensaios para grupos musicais.
Colaboración coas asociacións de xóvenes na promoción de festivais e demais eventos.
Posta en marcha da radio municipal.
12.-COMERCIO E TURISMO
Desenvolver un plano de actuación de apoio e modernización do comercio e hostalería da vila.
Potenciación de políticas de fomento dun urbanismo comercial baseado na formación de centros ou rúas comerciais abertos.
Promoción de políticas de apoio ó turismo no exterior, con presencia nos eventos feirísticos do sector, creación dunha páxina web especializada e edición de publicidade especializada.
Creación da comisión de turismo da Mancomunidade e dotala de orzamentos.
Incremento dos puntos de información turística, nas zonas de entrada en Moaña: PO-551 na Xunqueira, Estación marítima de ría.
13.- FACENDA
Proseguir coa aplicación do plan de pagos das débedas a seguridade social.
Contención do gasto corrente.
Mellorar o rendemento dos impostos municipais mediante unha adecuada e permanente depuración e xestión dos padróns dos diversos servicios.
Esixir da Admón. Autonómica e provincial a mellora dos sistemas de financiamento municipais con incremento dos recursos en función de parámetros como poboación, extensión da rede de servizos municipais, dispersión xeográfica, sistema impositivo… .
14.- PERSOAL
Definición clara dun organigrama de persoal,
Establecer por departamento un catálogo de postos de traballo onde se recollan as funcións, atribucións e retribucións de cada persoa.
Realizar as oportunas ofertas de emprego público.
Establecemento dun procedemento de contratacións para a realización de substitucións, baseado en listas abertas e públicas.
Plan de intervención contra o absentismo laboral.
Negociación dun novo convenio e acordos laborais que sitúen o actual e as relacións laborais no respecto a legalidade.
15.- TRAFICO E SEGURIDADE
Dotar a policía do persoal mínimo necesario e cadros de mando para conseguir un servicio de 24 horas.
Reforzar e apoiar administrativamente as funcións da policía no campo de aplicación e vixilancia das ordenanzas municipaisruídos, resduos, tráfico
Reforzar a labor de control de tráfico con presencia permanente de patrullas nas rúas.
Desenvolvemento de políticas de prevención de accidentes a través de programas integrais de educación vial nos colexios
Reorganización e reforzamento das funcións de protección civil, cunha restructuración do servizo e a creación e promoción dun auténtico voluntariado.
16.-AREA METROPOLITINA
Xestionar a creación metropolitana dun sistema de transporte marítimo e terrestre público que comunique ós barrios de toda a area metropolitana con axilidade.