MATERIAIS DO RATO DE BIBLIOTECA
BIBLIOTECA ESCOLAR DO CEIP MESTRE MARTÍNEZ ALONSO
Memoria Biblioteca Escolar 07/08
Proxecto Biblioteca Escolar 08/09
|
O Equipo de Biblioteca participou nas reunións iniciais dos titores coas familias da escola,estamos entregando un pequeno folleto con recomendacións sobre a lectura. Aquí tendes un resumo:
Queremos informarvos de que neste curso poñeremos en marcha desde a biblioteca a actividade Mochilas e Maletas Viaxeiras. As Mochilas e Maletas visitarán as familias do noso colexio levando no seu interior libros, música, películas...materiais da nosa biblioteca que viaxarán durante o curso para que as familias coñezan todo o que a nosa biblioteca escolar oferta. Queremos pedir ás familias un compromiso de que os materiais da biblioteca serán coidados e devoltosen perfecto estado despois de ser usados nas casas para que outras familias poidan gozar co seu uso tamén. Os materiais da biblioteca son de todos e todos temos a obriga de coidalos. Se tendes ocasión visitade os blogs e páxina web da biblioteca do colexio, nela teredes información puntual das actividades que se realizan e poderedes acceder a traballos realizados polos vosos fillos e fillas".
ACTIVIDADES DESTACADAS CURSO 08/09
ACTIVIDADES DESTACADAS CURSO 07/08 OS DEREITOS DO LECTOR
NORMAS DE USO DOS POSTOS INFORMÁTICOS
| NESTAS PÁXINAS ATOPAREDES OS MATERIAIS DA BIBLIOTECA DO CEIP MESTRE MARTÍNEZ ALONSO.AQUÍ PODEDES ACCEDER AOS NOSOS PROXECTOS ANUAIS, ÁS MEMORIAS E ÁS ACTIVIDADES QUE PROGRAMAMOS DESDE O EQUIPO DE BIBLIOTECA |