O viño de Ribadavia nas Grandes Armadas Frutos Fernández González
Publicado no Boletín Avriense, T. XXXVI, 2006, pp. 143-166
Resumen
Valórase neste traballo a presencia do viño de Ribadavia nas grandes armadas españolas dos Austrias. Estructurado en dúas partes, na primeira analízase a presencia do afamado viño nas armadas da especiería, armadas organizadas arredor da casa de contratación da Coruña na segunda década do século XVI. O estudio en detalle do embargo de viño para a fallida armada de Simón de Alcazaba descubre importantes aspectos da producción e comercialización do viño de Ribadavia nesa época. Na segunda parte analízase a importancia que tivo o viño de Ribadavia nos bastimentos das armadas do Mar Oceano entre finais do século XVI e principios do XVII, cando Galicia foi a base fundamental de aprestos destas armadas. A narración do que lle sucedeu ó Galeón San Felipe, da Armada Invencible, descubre a historia dun suceso da famosa batalla naval onde o viño de Ribadavia xogou un importante papel. Nas conclusións afírmase que as guerras de Felipe II contra os ingleses e a instalación dos mesmos en Oporto, acontecementos históricos separados por máis dun século, pouco tiveron que ver coa decadencia do viño de Ribadavia, debida máis ben a políticas comerciais desaxeitadas e, sobre todo, a perda de poderío español no atlántico norte despois de mediados do século XVII.
O texto completo pódese consultar na propia revista. Estará dispoñible nesta web no mes de decembro do 2009. |