Ler fainos mellores:
ACTIVIDADE: Lectura do conto :“Ana está furiosa”. Christine Nöstlinger. El barco de Vapor. Editorial Sm Duración:30 minutos. RESUMO DO CONTO: Ana e unha nena cun gran problema: enfádase por todo. Calquera cousa a pon furiosa. Aínda que todos tentan axudala, ela non acepta. Quere cambiar pero non o consigue. O seu avó mercoulle un tambor. Cando está enfadada o toca, e o enfado se lle pasa. Así logra vencer o seu problema.
DIARIO DA SESIÓN: Léolles en voz alta o conto. O pouco de comezar decátome de que as súas simpatías son para as víctimas de Ana. Paro de ler,e pídolles que intenten sentirse como Ana, que comprendan o seu problema. Cando remato o conto xa teño varias mans levantadas . -NENA 1, cóntanos que as veces ten ataques de rabia contra o pai ou a nai. Preguntámoslle que fai cano lle pasa iso. Di que se encerra na súa habitanción e pon música, é que a calma. -NENO 1 di que ten moitos ataques de furia e que cando iso pasa , pega. Os compañeiros asinten coa cabeza. Dígolle que cando era pequeno tiña moitas mais rabietas. Os compañeiros danme a razón e Neno 1 móstrase compracido .Entón pregúntolles que solución podemos atopar. Entre todos deciden que ten que buscar algo que lle guste moito e pensar niso cando lle dea a rabia. -NENO 2. di que ten un problema moi grande: conta que sempre está enfadado cos seus pais, que o poñen furioso. Preguntámoslle por qué ,e explica que o castigan moito e con moitos castigos o mesmo tempo.Que por iso sempre está castigado. Dí que as cousas que fai non son tan malas, que el non é malo .Deduzo que ten uns pais moi estrictos. Os demais non atopan solución . Suxírolle que fale con eles un día que non estea castigado e lle diga o que pensa. Asinte, pero doume conta que non o vai facer, tal vez o castiguen... -NENO 3. conta que as veces, nos xogos ,cando perde ponse furioso e danlle ganas de chorar. Os compañeiros dinlle que perder non importa. Eu pídolle que cando perda pense nas xogadas nas que se divertiu, que conte os xogos pola diversión e non polo resultado.
ACTIVIDADE: Lectura do conto “El dragón de Jano”. Irina Korschunow. El barco de Vapor. Editorial Sm Duración: Dúas sesións de 30 minutos. RESUMO DO CONTO: No colexio, os compañeiros de Jano burlanse de él porque é gordo. Eso o angustia tanto que nada lle sae ben, nin nos estudios, nin nos xogos.A volta do colexio, sentase nun banco e empeza a debuxar na area. O debuxo convírtese nun pequeño dragón. O dragón e Jano fanse amigos e aprenderán a vencer os seus complexos.
Emocións: A autoestima. O grado de aceptación e o concepto que cada un ten de sí mesmo. Quererse a sí mesmo para adquirir seguridade e confianza.
DIARIO DA SESIÓN: Léolles en voz alta o conto . Como é moi longo ,adicamoslle dúas sesións. A medida que o conto avanza, a atención é absoluta. Noto como se van implicando emocionalmente co protagonista. O rematar a segunda sesión falamos do conto.Todos entenderon que o dragón estaba na imaxinación de Jano. Pregúntolles porque creen que a vida social de Jano mellorou, porque o aprecian mais os demais. Eles din ::Porque adelgazou un pouco, porque aprendeu a ler millor, porque aprendeu a escribir, porque xa sabe facer volteretas...
Insisto:¿Cómo conseguiu todo eso?. Eles dinme que esforzándose. Fágolles notar que mellorar está na man deles mesmos, que hai que esforzarse para superara as dificultades, ter iniciativa. Pidenme que llo volva contar.
ACTIVIDADE: Lectura do conto “Jenny y el inventor de problemas”. Hiawyn Oram e Tony Ross. La nube de algodón. Editorial Timun Mas Duración: 30 minutos.
RESUMO DO CONTO:Jenny cree que os seus problemas son os peores do mundo ata que coñece o Invertor de Problemas . Esto e uns sacos esparcidos pola fraga faranlle superar esta situación.
DIARIO DA SESIÓN: Léolles o conto. Falamos de cómo Jenny se cree a nena mais desgraciada do mundo polas pecas,pero cando intenta cambiar o seu saco de problemas polo de outra persoa descobre que o seu saco é o mais pequeño e cos problemas menos importantes.
Pídolles que cada un escolla un problema do seu propio saco. Van dicindo os problemas que van sacando: Correr pouco, estar un pouco gordo, ter medo de noite, ter un irmán mayor moi protestón, ter un irmán pequeno moi metedizo...Falan entre eles e se dan solucións. Os que teñen irmáns intercambian experiencias. Entre todos vemos que non son problemas tan importantes, incluso bromean con eles.
ACTIVIDADE: Lectura do conto”: Si tienes un papá mago”. Gabriela Keselman. El barco de Vapor. Editorial S. M Duración: 20 minutos. RESUMO DO CONTO: Chiqui ten un pai mago e todas as mañás dille unhas palabras máxicas que lle fan estar contento todo o di. Os seus amigos están moi intrigados co segredo de Chiqui. Ata que unha mañá o espían e descobren que as palabras máxicas son “Chiqui, que teñas un día feliz”. Emocións : asertividade e escoita. Asertividade é a habilidade para expresar o que queremos, sentimos e pensamos sen feria os sentimento da outra persoa. Escoita é prestar atención o que se oe. Supón tamén certa concentración. Escoitar é unha reacción emocional que nos permite entender mellor o mundo e os demais.
DIARIO DA SESIÓN: Léolles o conto en voz alta. Eles tamén están intrigados polas palabras que fan a Chiqui un neno tan tranquilo, que atopa as palabras apropiadas para cada amigo, creando un ambiente agradable ó seu arredor. Cando descobren as palabras, pídenme que lles lea de novo o libro para ver como en cada situación difícil toca as palabras e actúa conforme a elas. Falamos da necesidade de buscar solucións os pequenos problemas do día,con tranquilidade,sen dramatismos e con respecto os nosos amigos,preocupándonos deles de verdade. Decidimos que eles van a meter no peto as palabras do papá mago”Que teñas un día feliz”e tocalas cada vez que teñan necesidade.
|