Entrada da biblioteca : Paco, a nosa mascota: Recanto para lectores en marcha: Lectura para os pequenos: A biblioteca: A biblioteca é un lugar non só para ler, senón para aprender e acceder ao coñecemento. E un espazo que debemos utilizar para actividades relacionadas coa lectura e o aprendizaxe.
Os usuarios: Poden utilizar a biblioteca escolar os alumnos e alumnas do centro,as familias, e os profesores e profesoras, asi como o persoal non docente do centro. Para poder levar libros en préstamos necesitan o carné. O carné de biblioteca daráse ó iniciar o curso a alumnos, profesores e persoal do centro. As familias que queiran facer uso da biblioteca levarán o carné a primeira vez que leven un libro en préstamo. O carné pódese levar para casa. Na biblioteca quedará unha copia,dentro da clasificadora que hai na mesa de préstamos da biblioteca, por si algúen o perdera, ou esquecera o número. Ademais, para facilitar o préstamo, ao inicio de curso faráse un caderno cós números de carné por categorias, que son as seguintes: Curso, familias, profesorado, persoal non docente, e aulas.
Os espazos: Na biblioteca hai varios espazos: -Recanto para primeiros lectores con alfombra e bancos. -Recanto para lectores intermedios, cuns sofás. -Zona de lectura e consulta, con un mesas para traballar. -Recanto para lectores avanzados cunha mesa de lectura. -Espazo multimedia, con dous ordenadores. -Mesa de préstamo e xestión. -Revistas e banda deseñada (BD)
Servicios: A biblioteca ofrece os seguintes servizos: Préstamo, consulta, acceso a Internet, lectura, actividades de dinamización, e de formación de usuarios. Tipos de fondos: -Libros de consulta. -Revistas -Libros de ficción. -Libros de producción propia.
A organización dos fondos:
Os libros informativos están situados en estanterías , ordenadas pola Clasificación Decimal Universal (CDU) e sinalizados por carteis que nos dín a clase a que pertencen. Cada libro leva unha pegatina rectangular ( un pouco mais grande que os libros de ficción) na parte inferior do lomo, coa cor e o número correspondente da CDU. Estes números permítennos localizar rápidamente os temas, e dinos o lugar onde debemos gardalos.Tedes a margarida da CDU para orientarvos.
Os libros de ficción están clasificados por nivel lector. Levan unha pegatina na parte inferior do lomo: Azul para primeiros lectores (3 a 6 anos aproximadamente). Vermella para lectores en marcha (6 a 9 anos aprox.) Verde para lectores avanzados (9 a 12 anos aprox.) Amarelo para lectores expertos.( 12 a 16 anos ) Hai varias seccións en cada idade: Poesía, Teatro, Narrativa… A banda deseñada está en estantería aparte, coa etiqueta 82- C. O material de producción propia (contos que facemos cos nenos e nenas) está gardado na estantería da banda deseñada. Como é material irreemplazable, pódese levar para as clases, pero non para casa, e debemos coidalo especialmente.
Os fondos de Inglés, Música, Relixión, están nas aulas específicas. Aínda que están fichados na biblioteca, o préstamo destes fondos queda a criterio das profesoras especialistas. As películas, tanto en formato DVD, como en vídeo, están tamén fichados no Meiga, pero gardados na aula de Audiovisuais e Música. Igualmente sucede cos mapas, neste caso gardados nun carriño no corredor, para máis comodidade.
Recursos humanos: Ao cargo do funcionamento da biblioteca está o equipo de biblioteca, formado por vari@s profesor@s e coordinado pola responsable da biblioteca. Este equipo está encargado da organización de horarios e fondos, da compra de material, previa consulta co profesorado, e da coordinación de actividades de dinamización e formación de usuarios. Tamén contamos coa colaboración de un grupo de alumnos voluntarios cada curso. Estes alumnos serán preferentemente de 3º ciclo, e colaborarán no funcionamento e orden da biblioteca nos recreos.
Horarios: A biblioteca está aberta dende as 9 da mañá ata as 18.00 de luns a venres. Durante o horario lectivo pódese utilizar a biblioteca para préstamos, sempre acompañados do titor/a. Nos recreos pódese usar a biblioteca para lectura, consulta ou préstamo. Polas tardes tamén pódese facer lectura, traballar nos deberes, consulta ou préstamo. Para eso os alumnos e alumnas deben dirixirse ao profesor/a de garda, e informalles de que están alí. Si van facer préstamo, anotaráse nunha libreta, e ao dia seguinte pasaráse ao programa informático. Os nenos e nenas usuarios do comedor escolar farán uso da biblioteca despois de xantar, somentes si están acompañados das auxiliares de comedor, e respetando as normas de silencio. Nese tempo poden ler, ou facer os deberes.
Préstamos:
-O alumnado poderá levar ata tres libros en préstamo, pero quedando a criterio do titor/a ampliar ou reducir este número, segundo as necesidades dos alumnos. -Tamén poden levar revistas. Neste caso, anotaránse no block das revistas. -O profesorado poderá levar ata 10 libros en préstamo, pero poderáse ampliar o número segundo as necesidades. -As aulas teñen carné de aula, para rexistrar os libros da biblioteca de aula. O número de libros por aula pode chegar a 50, e poderán cambiarse coa periodicidade que estimemos necesaria, segundo as necesidades da cada curso. É importante anotar estes préstamos, para facilitar a búsqueda de libros. -Para as familias seguimos o mesmo criterio que o alumnado: tres libros de cada vez.
-Todas as enciclopedias e diccionarios, e moitos dos libros de consulta non se poden levar en préstamo,son para consultar na propia biblioteca. Para saber se se pode levar, haberá que miralo no Meiga. -As mochilas viaxeiras prestaránse 15 días a cada família.
Normas da biblioteca: -Debemos ser esixentes coas normas da biblioteca, que por outro lado, non son moitas: -Non comer na biblioteca -Moverse amodiño. -Falar baixiño. -Coidar os libros -Gardalos no seu sitio, e ben colocados, co lombo para afora. -O alumnado de Infantil e 1º de Primaria poderá deixar os libros na caixa que hai na entrada, pero o resto do alumnado ten que gardalos no seu sitio. -O alumnado de Infantil e 1º de Primaria non debe acceder aos libros de consulta.Teñen nos seus recantos libros axeitados para a súa idade de todos os temas. -Se estragan ou perden un libro, deberán repoñelo. -Cando vexamos algún libro estropeado, mal fichado, ou con algún problema, deixarémolo na mesa de préstamos cunha notiña aclaratoria.
Normas de uso do ordenador: -Na biblioteca hai un ordenador para uso do alumnado. Poden utilizalo para consultar enciclopédias, buscar información en Internet ou entrar nos blogues do colexio. A navegación en Internet ten certos perigos, por elo teñen que respetar as seguintes normas: -Sempre que usen Internet terá que ter autorización do profesor/a de garda. -Non deben dar os seus datos personáis a través de Internet: nome, teléfono, dirección… -Non farán actividades personais tales como enviar ou recibir correo electrónico, ou entrar nun Chat. -Nunca hai que quedar con persoas as que coñeceran a través de Internet. -O tempo máximo de uso do ordenador é de 10 minutos, e un máximo de dous alumnos/as por ordenador. -Terán que apagar o son, ou por cascos. -O uso da impresora será só co permiso do bibliotecario.
Participación: Os alumnos poden participar na xestión da biblioteca de varias maneiras: -A través do “Buzón de suxerencias” podedes facer propostas sobre adquisición de libros, organización da biblioteca e funcionamento. -Os alumnos e alumnas de 3º de Primaria poden ser axudantes de biblioteca. |



