Dinamización da biblioteca

Dinamizacíon da biblioteca

Nestas páxinas atoparás algunhas das actividades de Dinamización da nosa biblioteca.
Si che gusta algo, nos gustaría moito moitísimo que nolo fixeras saber.

Elección da mascota da biblioteca

 
 
Paco saúda                              Animando a ler
 
 
 
 
 
 
 
Paco moi serio                                 Paco lendo
 
 
 
 
 
 
 
Que peinado!                                                 Sorpresa!!!
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Cantas cousas!!!                                    Que interesante!
 
 
 
 
 
 
 
 
Vai moito sol                                                       Glups!!!
 
 
 
 
 
 
 
Gústame cociñar                                            As veces estou triste
 
 
 
 
 
 
                                      
 
 
Canto me gusta ler                              Este é o meu uniforme de inverno
 
 
 
 
ESCRÍBENOS:
 
 
 
 
No curso 2001-2002 decidimos elixir unha mascota prar dinamizar a biblioteca.
Como queríamos que fora a mascota de todos os nenos e nenas, acordamos involucralos no deseño.
Envíamos unha nota aos titores e titoras para que puxeran en marcha a campaña:

 

BIBLIOTECA

Campaña para a elección dunha mascota da biblioteca.


A biblioteca precisa dunha mascota que personalice as actividades e campañas que queiramos facer para fomentar a lectura. Para iso imos seguir os seguintes pasos:

 1- Os rapaces faran un debuxo grande, nun folio, dun personaxe que pode ser:

-Un animal.

-Un neno ou unha nena con algunha peculiaridade (gafas enormes, un peiteado curioso, unha forma de vestir especial)

-Un ser imaxinario.

2- Os debuxos recolleranse o luns día 11. Entre todos eles seleccionaranse 3 ou 4, e expoñeranse na biblioteca entre o 12 e o 15 de marzo.

 3- Nese tempo os cursos poderán ir a biblioteca acompañados do seu titor ou titora e votarán por un dos debuxos.Para darlle mais seriedade disporemos dunha urna e o listado dos cursos para ir anotando a medida que votan.

 4- A mascota gañadora será presentada en sociedade a partires do 20 de marzo (para manter un pouco a intriga)

O equipo de biblioteca decidiu seleccionar 6 debuxos para a elección final.
Os debuxos expusémolos na corcheira da biblioteca,previamente numerados para a elección:

      Nº 1               Nº 2

 


 

     Nº 3                   Nº 4

 

 

   Nº 5                Nº 6

 

                      

    O resultado da votación foi o seguinte:



A autora do debuxo gañador foi Alba Barcia Blanco,unha alumna de 4º curso de Primaria.¡Grazas Alba!

 Entón unha vez escollida,decidimos darlle un nome.

 Puxemos na entrada do colexio un panel onde os alumnos e alumnas foron anotando ao longo dunha semana os nomes que lles gustaban.

Ao final o equipo de biblioteca escolleu entre todos os propostos o de : Paco.

Dende entón a mascota recíbenos ao inicio do curso,despídenos o último día de colexio,aconséllanos dende as páxinas do xornal escolar,disfrázase coma nós no Entroido,préganos silencio,recibe as nosas suxerencias no buzón da biblioteca, dános premios se lemos moito...

          ¡SEMPRE ESTÁ CON NÓS!