Imaxinade que o vindeiro mes teredes a posibilidade de viaxar a un destes lugares:

  1. A misteriosa Illa de Pascua, declarada pola Unesco Patrimonio da Humanidade en 1995, onde poderedes admirar as fantásticas figuras dos moai e participar nas competicións de haka pei;
  2. A descoñecida cidade de Reiquiavik onde gozaredes das augas sulfurosas da Lagoa Azul, avistaredes baleas ou contemplaredes o Sol de Medianoite e as auroras boreais.
  3. Ou o apaixoante Cairo, onde poderedes visitar o Museo Exipcio, na praza Tahrir, que garda a mellor colección do mundo de obxectos da época faraónica do Antigo Exipto. Outra visita ineludible é o centro histórico da cidade, declarado Patrimonio da Humanidade, en 1979. E, como non podía ser menos, a poucos kilómetros de O Cairo, disfrutaredes do marabilloso espectáculo das grandes pirámides en Giza.  

Illa de Pascua

Reikiavik

O Cairo

 
  • Escollede un destes destinos e explicade os motivos da vosa elección.
  • Localizade nun atlas a situación exacta do lugar elexido e anotade o país e o continente aos que pertencen. 
  • A continuación preparade unha lista coa equipaxe imprescindible para esa viaxe, tendo en conta a época do ano na que realizaredes a visita. 
  • Buscade información sobre o clima da cidade que visitaredes e indicade de qué tipo de clima se trata.
  • Preparade a maleta e BOA VIAXE!