|
PROFESORADO
O CEIP de Quintela é un centro con 6 unidades de Primaria e 3 de Infantil (éstas varían segundo a matrícula). O colexio ten 17 profesores e profesoras.As especialidades que posúen son :
Inglés,Música,Educación Física,Audición e linguaxe,Educación Especial,Relixión católica,Francés,Primaria e Educación Infantil.
DISTRIBUCIÓN DE ESPACIOS E HORARIOS.
No edificio central están as seguintes dependencias: -Aulas de Primaria. - Música e audiovisuais. -Biblioteca escolar. -Comedor escolar. -Aula de Informática. -Aula de Inglés. -Aula de Usos múltiples. -Despacho de Orientación. -Aula de apoio. -Secretaría. -Dirección. -Sala de profesores e profesoras. Diante do edificio central está o pavillón escolar,e no extremo mais recollido do recinto escolar atópase o edificio de Educación Infantil,con patio propio. Dende Educación Infantil as nenas e nenos reciben clases de Educación Física, Inglés,Informática, Música, Audición e Linguaxe e Animación a lectura. Os alumnos e alumnas de Primaria reciben ademais clases de apoio para as necesidades educativas especiais,sexan de reforzo educativo ou de ampliación do currículo, segundo o caso.
ACTIVIDADES
No centro mantemos algunhas actividades propias e comúns a todos os cursos,como son as clases de Informática e de Animación a lectura,que contan con un horario propio.Tamén traballamos o horto escolar,no que cada curso ten parcela propia,onde plantamos na primavera e recollemos cando remata o curso.Estamos tamén involucrados no proxecto Voz Natura,e cada curso presentamos un proxecto diferente,no que todas as nenas e nenos traballan.
IDEARIO
O profesorado do centro comparte a convicción de que a escola debe moverse sobre catro eixos: aprender a coñecer, aprender a facer, aprender a ser, e aprender a convivir.Parecenos que as dúas primeiras son obvias e creemos que onde está o reto e nas dúas últimas. Para elo traballamos en dous frentes:por un lado está a relación coas familias e por outro a propia formación do profesorado. No primeiro caso somos concientes de que as características do centro facilitan esa relación,xa que o feito de non ter transporte escolar fai que o contacto das familias cos profesores sexa continuada,pois o levalos e recollelos a diario permite unha relación moi directa con todos os profes e coas outras familias. En canto as labores de formación do profesorado,e un aspecto que coidamos moito,pois non só asistimos a cursos específicos segundo a especialidade que impartimos.Tamén organizamos proxectos de formación nos que participa todo o claustro.
DATOS XERAIS
Dirección: Quintela nº 72 Moaña-Pontevedra 36950
Correo colexio:
Correo páxina web:
Páxinas web: http://www.colexioquintela.com
http://www.bibliotecadocole.com
Teléfono: 986311268
Fax: 986311268 |





