Educación emocional


 

Curso 2005-2006

 

A educación emocional.

 

Proxecto de Formación no Centro

C.E.I.P.:Quintela-Moaña.

 

Participou no proxecto a totalidade do profesorado do centro .

A idea inicial do proxecto naceu a raíz da lectura por parte de algúns membros do profesorado de artigos e libros sobre o tema. Algunhas das  problemáticas do alumnos, enfrontamentos ante as frustracións, autoestima baixa…leváronnos a pensar se poderíamos influir no seu desenvolvemento emocional.

 

OBXECTIVOS:

 

Partimos dos seguintes obxectivos para o profesorado:

-Iniciarse e profundizar no coñecemento teórico da educación emocional.

-Adquirir pautas de actuación para o traballo na aula.

-Deseñar procedementos para o traballo na aula.

-Poñer en común experiencias e conclusións.

-Mellorar a satisfacción polo traballo

E para o alumnado:

-Aprender a coñecerse mellor e desenvolver habilidades emocionais para a vida.

 

 

DESENVOLVEMENTO:

 

Para o desenvolvemento do proxecto,que en principio parecíanos moi ambicioso, seguimos os seguintes pasos:

-Lecturas sobre o tema ,con reunións para comentar as lecturas,pois todos eramos conscientes da necesidade da formación previa. Nesta fase incluímos a sesións de docencia recibidas por parte dunha psicoterapeuta.

-Reflexión e debate sobre o que queríamos conquerir.

-Búsqueda e elaboración de  actividades para realizar co alumnado.

 

 

Os materiais elaborados abarcaron moitas áreas :

-sesións de animación a lectura (Ver "LER FAINOS MILLORES") 

-actividades físicas de relaxación

-elaboración de murais emocionais

-diarios emocionais de clase

-xogos

-cancións

-cadernillo de rimas sobre os bós modais

-resolución de problemas

-representacións teatrais..

-e moita, moita reflexión

 

 

CONCLUSIÓNS:

 

Sentimos que o traballo deste curso supuso a iniciación na educación emocional .

Vemos que estamos alerta para aproveitar as situación que se dan na práctica educativa.

Percibimos tamén unha infiltración do vocabulario emocional en moitas actividades que levamos a cabo.

Plantexámonos a  posibilidade de seguir en próximos cursos afondando en algunha das moitas sendas que abrimos este curso.

¡A experiencia foi moi satisfactoria!