|
| Dende o curso 2007-2008, funciona no colexio o comedor escolar, con servicio de catering. O comedor está atendido por tres persoas: A responsable , e dúas auxiliares. O horario de comedor é de 14.00 a 16.00 A partir das 16.00 algúns nenos e nenas quedan a actividades extraescolares, e o demais son recollidos polos pais e nais. Hai alumnos que comen no comedor todos os días, e outros que o fan en días fixos da semana , cando teñen actividades pola tarde. Para facer uso do comedor, é necesario avisar o día anterior. Neste momento fan uso do servicio unha media de 35 alumnos/as.
|




