ligaminimeco
Liga Minimeco 2010 - 2011Para
un adestrador, o resultado final non se lee en puntos a favor ou puntos
en contra. Ao contrario, leese con cantos homes e mulleres saíron de
tantos xogadores xoves. Éste é un resultado que ningún periódico,
estadística o libro de récords pubricará nunca. Éste é o resultado que
un se lee a si mesmo, cando o último partido remata. (DENNY CRUMM)
Damos
comezo a segunda edición desta Liga Minimeco con unha gran ilusión e
con moitas expectativas despois do gran sabor que nos deixou na tempada
pasada. Nesta ocasión son 7 os equipos que toman parte na nosa Liga. Aos
6 equipos en idade benxamín do noso club añádese un equipo do Colexio
Abrente que accede por invitación despois do convenio de colaboración
firmado por ambas entidades.
Ao igual que a liga pasada os resultados son meramente anecdoticos xa que o que realmente importa non é o resultado sinón a participación e a aprendizaxe duns valores a
través da toma de contacto na competición nun ambiente lúdico.
A
Liga Minimeco e unha actividade organizada polo Club Baloncesto O Meco e
aberta a tódolos nenos e nenas do Grove nacidos entre os anos 2001,
2002, 2003 e 2004.
Para
participar nesta Liga é obligatorio adestrar co club e ter o seguro
gratuito da Xunta para estar cubertos ante calquer accidente. Este
seguro é xestionado polo club.
Non existe limitación algunha para competir, tan só necesitas ganas de pasalo ben e facer amigos.
A
Liga Minimeco vaise xogar sempre no Pavillón Municipal Monte da Vila,
xa que é a única instalación que ten 8 canastras de Minibasket e permite
organizar 4 partidos ao mesmo tempo.
O
día de celebración destas xornadas vai ser os sábados ou domingos as 17 horas e
ten unha duración aproximada de 1 e 15 minutos total. Os xogadores teñen que
estar no pavillón xa cambiados 15 minutos antes do comezo dos partidos. Os partidos serán do formato de 6 tempos de 8 minutos a reloxo corrido.
O
club vaille regalar a cada xogador, gracias a colaboración dos
sponsors, a equipaxe composta de pantalón e camiseta. O requisito
obligatorio é que o xogador debe acabar a competición, en caso contrario
debe devolver a equipaxe.
Os
partidos serán arbitrados e haberá control dos puntos, faltas, etc nas
actas feitas en cada partido. Na páxina web e na Revista poderás ver os
resultados e clasificacións. Ao final de Liga entregaráselle a cada
xogador unha medalla como premio a participación nesta competición e non
haberá campión por equipos Cando
nun partido haxa unha diferencia de 50 puntos pecharase a acta e
seguirase xogando con normalidade ate o final do tempo regulamentario.
A organización reservase o dereito de cambiar as normas da competición durante o transcurso da mesma.
|
|
03/12/2010 Composición dos equipos
Todogrove
Rest. O Cruceiro Academia Oxford
Don Can Agricola O Con Peluq.
Moncho
Valentino Perassi Susana Couso Luciana Alday Antón Galiñanes Paula Castro Lucía Cacabelos Ana Lois Oscar Padín Barbara González Inés Parada | Joel Arnoso Malena Prieto Ainhoa Chaves Massimo Perassi Paula Cacabelos Iria Barreiro Yulisa Caneda Javier Valladares Jose González
| Dani Pazos Camila Álvarez Milena Castillo Martín Forte Manuel Díaz Sheila Barreiro Ludmila Abigail Lola Cerviño Kiara Cordobés María Fieiro | Mateo Domínguez Antía Besada Estela Prol Jose Couso Santiago Carmona Lucía Devesa Ainhoa Montenegro Ana Gregori Lara García
| Natnael Rodríguez Uxía Conde Antía Rubirosa Mario Sanmartín Gabriel Goday Nuria Prieto Gaila Noya Carmen Cerviño Iria Cao Estela Fieiro
| Saúl Espantoso Sofía Martínez Ana Sartages Raúl Salgado Roi Castro Eva Lois Duna Casal Manu Rodríguez Alex Iglesias |
Resultados e clasificacións https://sites.google.com/site/cbomeco3/minimeco10-11--clasificacions
|
|
|