a foto

Ano 2005 aproximadamente. A xeración do 97 era benxamín de 1º, e algún mais non eran nin prebenxamín. O curioso é que a maioría (12 de 15) siguen aínda xogando no club.
En Rosalía de Castro púxose e aínda se sigue poñendo a semilla do futuro do Meco. As canastras do Colexio foron feitas polo noso Club grazas a unha subvención da Deputación.





Equipo infantil adestrado por Dani Franco posando co trofeo de subcampión de Copa.
Polas caras que teñen supolles a pouco. A nº 8 era a crack do equipo.


Título cedido por Dani Prol, cando quedou campión en Portland.



Calquera que vira aquela final infantil non se poderá olvidar dela. Aquela canastra de Bruno Padín no último segundo da prórroga despois de que o balón dera un par de voltas arredor do aro e entrara, coa histeria colectiva a continuación e algo que quedará grabado nas nosas retinas. Era o remate a unha liga super competida co Xuven, Liceo, Estudiantes, etc.


É a 1ª vez que subo unha foto miña, e xa sabedes porqué, lamentable a imaxe.
Foto do ano 1985, hai 25 anos contra o caldas, cando xogaba no Breogan. O que está ao meu lado é Miguel, un cabo que eu tivera na mili.

 
EQUIPO INFANTIL DO MECO na tempada 2001/02.
Un xove Dani Franco encargouse dun equipo que aparte de xogar ben acadou a Copa.
 
1ª CONVIVENCIA DO CLUB BALONCESTO O MECO 2002
EQUIPOS INVITADOS: DORNA DE AROUSA, RIO ULLA DE PONTECESURES E XUVEN DE CAMBADOS
 
Aínda en categoría alevín podes atopar nesta foto a ezquerda a Lucas, Bruno, Andrea, Borja,  etc e tamén a xogadores do Xuven como Alexis, Victor do Dorna, etc. entre outros.




En xuño do ano 1999, 3  xogadores do Meco participaron na Selección Arosana que xogaron en Ourense.
Era a primeira remesa da fabrica do Meco. Ciro García, Xoan Mouriño e Mario Iglesias.









Concurso de mates na Vilagarcía Basket Cup 2009.

Descubrín esta foto por casualidade en internet. Rapidamente reconocín o pantalón do que está debaixo. Un xogador da selección francesa fai este bonito mate saltando por enriba de Xoel e Lara, mentras o pai de Xoel se levanta 'asustado' na primeira fila da grada.

Comentarios

CB O Meco - 18/01/2010 11:48

Que estarían pensando xoel e lara nese momento, rezando?