VERAN 2011 O día 17 de Agosto entrou en servicio a nova páxina web do club. Xoves 23: Despois da fantástica festa de remate da tempada onde os familiares disfrutaron do baloncesto en 1ª persoa e da comida na Siradella chega o momento de despedila tempada. E nada mellor que coa nova que recibimos hai uns días na que a Federación Española de Baloncesto convidaba ao noso xogador alevín Martín Torres a participar no Campus de Ricky Rubio. Tan só 10 xogadores de toda España serán os seleccionados pola FEB que terán a sorte de adestrar e compartir cos mellores nacionais e coñecer ao xa xogador NBA. Dende a nosa páxina dámoslle a noraboa e que aproveite para seguir crecendo como xogador e como persoa. Aproveitamos tamén para darlle un descanso á páxina xa que pronto cambiará o formato. O actual webmaster deixará de actualizala para deixar paso a un relevo nesta tarea. Grazas a todos polo seguimento ate o de agora. | BALANCE DA TEMPADA SENIOR MASCULINO AUTONÓMICO INFANTIL MASCULINO 6º en Liga 11º a nivel Galego Campión da Previa Subcampión de Liga Campión Copa Arousá INFANTIL MASCULINO B INFANTIL FEMININO A 3º Previa Grupo B 3ª da Previa 5º en Liga Campioas de Liga Semifinalista Copa Galicia INFANTIL FEMININO B ALEVÍN MASC. A 3ª da Previa Grupo B Campión de Liga 8º en Liga 1/4 Liga Galega ALEVÍN FEM. A ALEVÍN MASC. B 4º en Liga 5º en Liga Finalistas Copa ![]() |






