Renda 2009 en Mac sen java 1.6

Para aqueles equipos Intel con Sistema operativo 10.5 pódese  executar o Programa Padre Renda 2009 mediante o programa Soylatte, programa de sofware libre que executa a versión Java 1.6.


PROGRAMAS NECESARIOS
- Soylatte: Neste enlace  http://landonf.bikemonkey.org/static/soylatte/ está toda a información sobre este programa. Exisen varias versións. Debe descargarse a versión:
Para a descargar, solicitará usuario e contraseña, tal como se indica na propia web de SoyLatte:
usuario: jrl
contraseña: I am a Licensee in good standing

- Programa Padre Renda 2009: Descargar a versión de Otros Sistemas (Windows 98, etc) Non descargar a versión de Mac.
- Debe estar instalado X11 (Debe figurar na carpeta de Utilidades).

PASOS:
- Descargar os dous programas. Por comodidade nunha carpeta común: por Exemplo: RendaSoyLatte
- Abrir Terminal e executar as seguintes instrucións:
cd
cd Desktop
cd RendaSoyLatte ./soylatte16-i386-1.0.3/bin/java -jar RENTA2009/irpf2009.jar

Importante: No último comando debe ir o punto antes de /soylatte para que execute esta versión.

PROBAS REALIZADAS
- Importouse unha declaración feita noutra versión do Programa PADRE e funcionou perfectamente.
- A impresión funciona.
- Non funciona a descarga dos datos da declaración vía web,  


COLABORADORES
As seguintes persoas colaboraron a resolver este problema:
  • Rubén R.
  • Carlos R.
  • Alberto (Fac.)
  • O. Reixa (Planetamac)
COMENTARIOS