Con Cidades, ábreselle unha porta á poesía, para que por ela entre a xente mozas e atope versos á súa medida. Este é un achegamento sincero e inesperadamente máxico á realidade das cidades. O autor cóntanos como a ve, como as vive: próximas e enormemente líricas. Nestes poemas a rixidez do asfalto vólvese maleable e a cidade convértese nun grande animal, ou nun ser humano, porque se enche de vida, de autonomía e de enerxía. A vida urbana atéigase de sabores e de olores e descóbrenos un xeito inustiado de habitar no ventre destas grandes baleas grises de cemento que son as cidades.
Fran Alonso fala de «Cidades» | Edicións Xerais de Galicia Vigo, 1997 ISBN: 84-9782-227-7 Colección Merlín Poesía
|
