Axenda BNG
![]()
| Durante as pasadas eleccións a presidencia da Xunta de Galicia, a alcaldesa xuntou o concello nos pobos das parroquias de Piñeira de Arcos e Couso de Limia, para dicirvos que quere facer un velatorio nas parroquias de PIÑEIRA e COUSO, igual que o ten en SANDIAS, pois ben, según ela non pode facelo na rectoral de ningunha das dúas parroquias (que o bispado pon a súa disposición sen ningún tipo de problemas) pois di que a Consellería de Cultura e mais Patrimonio non deixa por mor da antigüidade e valor histórico da igrexa , pois ben, tanto na Consellería de Cultura como en Patrimonio nas cales ten competencia o BNG non se presentou ningunha solicitude do concello de SANDIAS para facer ditos velatorios, e non se informou negativamente a súa construción. A nosa pregunta é ¿Por qué en SANDIAS se fixo? . Pois ben si que se pode facer na rectoral de calquera das dúas parroquias, sempre e cando os veciños así llo soliciten o bispado e llo esixan o concello. A ALCALDESA solicitou da DIPUTACIÓN unicamente a construción dun Velatorio en PIÑEIRA, (enganando novamente os veciños de Couso), este velatorio terá un custe de 42.000€ dos cales a súa maioría serán aportados pola Xunta e o Estado, outra proba de que a DIPUTACIÓN NON INVIRTE TANTO COMO DI A NOSA ALCALDESA NO CONCELLO. Dixo tamén que non se lle dan cartos dende a XUNTA DE GALICIA para poder facer nada, que non vos engane , mente unha vez mais, as consellerías nas que o BNG tiña competencias si invertiron no concello de Sandiás:
Esta consellería tamén se comprometeu a facer a concentración parcelaria en CERREDELO e COUSO que os veciños tantos anos levan aclamando e a que ela se opuxo publicamente con BANDOS que o demostran e que gardamos por se a alguén se lle esquece, e que agora que o BNG trata de sacar adiante a concentración ela di que nunca se opuxo. Tamén a consellería se comprometeu o ensanche e acondicionamento da estrada de COUSO a CERREDELO, que as obras comezarán en outubro deste ano (sempre que a alcaldesa non poña mais trabas). Tamén se esta a traballar para a implantación do regadío na zona de Couso-Vilariño, grazas a unión co concello de Vilar de Santos, porque a nosa ALCALDESA oponse tamén a esta medida.
En canto o tocante o polígono industrial ningún membro da oposición se opuxo senón que consideramos que xa tiña que estar feito hai moitos anos, pero facelo coa aprobación dos veciños, facelo con unha empresa publica (XESTUR) igual que o fai o Concello de Xinzo, o Concello de Allariz, o Concello de Vilar de Santos, non con unha empresa privada, para lucro duns cantos, que desde logo non serian os veciños do Concello de Sandiás, nin os Comuneiros, que se quedarían sen as súas terras, e que non verían un duro por elas. Agora tamén vos dixo que do goberno central se recibiron 269.000€ e que os vai inverter todos en SANDIAS e non e que non esteamos de acordo con que faga obras en SANDIAS , pero eses cartos veñen para o Concello polo numero de habitantes que ten o Concello a nosa pregunta é ¿o resto da xente dos outros pobos non pertencemos o Concello?. Para rematar recordarvos que sodes vos, os veciños, os que podedes cambiar moitas das cousas, como facer o velatorio nas reitorais o da concentración parcelaria, ou o regadío, non só co voto senón tamén ca unión da xente porque a unión fai a forza ; nos dende a oposición só dicirvos que estamos aquí para axudarvos e informarvos se tedes algunha dubida. DEFENDAMOS OS INTERESES DO NOSO CONCELLO QUE SON OS NOSOS INTERESES.
Atentamente, Xosé Xavier Fernández Lamas, portavoz do BNG de SANDIAS. ©2009, Grupo Local do Bloque Nacionalista Galego de Sandiás 32692 Sandiás - Ourense www.bng-sandias.org | sandias@bng-galiza.org |
