fai clic aquí para ir a mOendo.net



Benvid@s a miña páxina de Google Pages


fai clic aquí para ir a mOendo.net

 

mOendo do Revés é o meu último blog. mOendo do Revés é un blog dende o que pretendo compartir as miñas inquedanzas, opinións, reflexións e análises da actualidade política galega e o mundo que nos rodea. Con el quero facer tamén unha invitación ós lectores a pensar dun xeito diferente, a que se atrevan a dirixilo seu pensamento contra o que sempre creron. É aquí onde radica, precisamente, a dificultade para comprender a realidade: por en dúbida o noso sentido común.

En mOendo.net, o novo enderezo de mOendo do Revés estou recopilando as entradas antes publicadas no blog do mesmo nome que tiña na plataforma blogger (mOendo do Revés e mOendo do Revés - vídeos) , así como outros blogs como xOsse (sobre algúns dos últimos libros que lin), sei o que fixestes nas últimas municipais (sobre a actualidade política do meu Concello: Xunqueira de Ambía), Que dimitan todos!! (sobre actualidade política estatal) ou blog and roll (no que comparto coa blogosfera algúns dos trucos utilizados no deseño dos meus blogs, tanto en galego coma en castelán). Nun principio parecéume unha boa idea crear blogs diferentes para contidos diferentes, pero agora vexo que é imposible mantelos todos actualizados, de aí que que os fusione todos nún. O primeiro post de mOendo do Revés escribinno o 12 de xuño de 2006 na plataforma de blogger e nel explico un pouco de que ía ir todo isto. Pouco cambiaron as miñas intencións dende entón…

A miña aventura blogueira empezou o 09 de xuño de 2006, grazas a terra, para participar nun concurso que finalmente gañou, con blog world cup blog 06 (por certo, o premio ainda está pendente de cobrar… xa lle vai sendo hora, xa ). Gustóume iso de escribir o que se me ocorra e deixalo vagar polo ciberespazo, é algo liberalizador. 

Porqué xOsse con dúas ’ss’? Seguro que vós sempre quixestes ter unha dirección de correo co voso nome, non? Eu tamén, moito busquei ‘xose’ en diferentes  proveedores pero a resposta era “xose@…” non está dispoñible e logo ofrecíanche varias alternativas “xose76@…”, “xose2006@…”, “seox@…” etc.  Non me convenceron. Quería que sonara como eu me chamo así que probei con “xosse@…” e a primeira, e así en varios proveedores. E porqué esa “O” con maiúscula? pra deixar claro que a ‘o’ é a tónica e non o ‘e’. E así ata hoxe!

O que máis me custa é definirme a min mesmo; o mellor é que sexan os demáis quen o fagan (e confeso que me ten dito de todo... e que son un provocador!)... pois teño un pouco de todo: aberto, agnóstico, ambicioso, ambiguo,atrevido, autocrítico, blogueiro, bloqueiro, bo, caciquefóbico, capacitado, colectivista, crítico, deportista, dialogante, doante, ecoloxista, futboleiro, galego, humano, idealista, individualista, internauta, introvertido, irmandiño, karateca, lector, legal, mañoso, mnemónico, muiñeiro, nacionalista, observador, ocorrente, orgulloso, perspicaz, politólogo, [sobradamente] preparado, provocador, quebracabezas, reflexivo, responsable, rebelde, sinceiro, solidario, teimudo, tradicionalista, urbano, valente, vixiante, xeneroso, xoven, xurista, xusto.


Sign in  |  Recent Site Activity  |  Terms  |  Report Abuse  |  Print page  |  Powered by Google Sites