Gostaríanos conseguir que a poesía lles guste un pouquiño máis @s nen@s do cole, por eso imos a darvos algunhas pautas para conseguilo cando vos escoiten. Ó principio tedes que lerlla vós para que perciban un texto melódico e sensitivo,que desperte neles diferentes sensacións. É importante que elixades versos que a vós mesmos vos resulten atractivos. A poesía hai que leela despaciooooooooooooooooooooo,……. e con intención (e emoción).Hai que respectar a puntuación,,,,xa que o ritmo da poesía pode cambiar senón respectamos os puntos e comas. A poesía necesita porque vai mais alá da palabra escrita,e ten como obxectivo tocar a alma e o corazón dos que a escoitan. Non podemos ler todas as poesías igual,porque hai poesías para os días de sol, para os días de chuvia, para reir, para xogar, e para sentir. Utilizade a voz, elevandoa , ou baixandoa , según o pida a poesía .Facede pausas teatrais, silencios………., alongaaaaaaaaaade as palabras,as sílabassssssssss ,segundo vos dicte o ritmo do poema . Non esquezades que : a poesía é como unha canción sen música.
CEIP Quintela- Moaña Equipo de biblioteca
Queres traballar poesía na clase?. Abaixo (en arquivos adxuntos) tes o obradoiro de poesía da biblioteca do Colexio de Quintela
|