|
A biblioteca do IES AUGA DA LAXE toma este nome como un tributo a un dos mellores escritores da literatura infantil e xuvenil galega do noso tempo.
Biblioteca Agustín Fernández Paz
Agustín Fernández Paz é un dos autores máis lidos entre o noso alumnado.
Visitou o instituto en catro ocasións para participar en diferentes actividades, co alumnado e coas familias. Un dos seus relatos, “Un río de palabras”, inspirou unha campaña de dinamización desenvolvida desde o IES Auga da Laxe no ano 2005. Participou, ademais, nunha charla dirixida ás nais e pais na que lles falou da importancia da familia na creación e mantemento de hábitos lectores e na que naceu a idea de organizar no instituto un club de lectura. E foi tamén un libro seu –Noite de voraces sombras– o que protagonizou a primeira sesión do club de lectura do noso instituto no mes de marzo de 2006.
Por todos estes motivos, e polo seu compromiso coa literatura e co fomento da lectura, é para nós unha honra que a nosa biblioteca leve o seu nome .
O día da inauguración co seu nome, pudemos contar coa súa presenza. Se queres ver a galería de imaxes do evento preme sobre o enlace.
Agustín Fernández Paz
|



