barcelonaart234

Barcelona

Onte, día de Sant Jordi, voltei de Barcelona logo de 72 horas entre as que se filtran algúns apuntes que poden caber por aquí.

- O MACBA: Decepcionante. Con todo ese marketing que ten, ese glamour, esas publicacións e tal e tal. A colección está almacenada sen demasiado criterio en incómodas salas/garaje, algunha as aproveitaría mellor o fenómeno que estaba fose facendo virguerías co skate. O que máis me gustou foron as fotografías de Santu Mofokeng en Johannesburgo e a exposición temporal de Cildo Meirelles [ata pasadomañá].

- Fundación Miró: A xoia.

- Museo Picasso: Tiña ganas de ver todas estas masterpieces de Picasso logo da Exposicón de retratos serie B de Picasso na Barrié que deixaba tan mal corpo. [Por certo pasando pola tenda da planta baixa cheguei á nada científica conclusión de que as tendas dos museos están feitas para mulleres. Só observade]

- Librería Loring: Demasié.

- Museo Barbier-Mueller de Barcelona: Unha das sorpresas, a outra, o gran tiburón de billetes de 100 que pintou Blu subindo á montaña do Carmelo.