Benvido a Axil-Mente. Somos un grupo de profesionais da informática en Galicia, moi interesados no mundo do axilismo e en particular nestes momentos, en Scrum. Traballamos en diversos proxectos nos que estamos intentando aplicar algunhas prácticas áxiles que Scrum incorpora. Poderiamos dicir que cada un intenta facer un "Scrum ao meu xeito", que se adapte o mellor posible ás súas necesidades. O noso obxectivo a curto prazo é aprender unha chea sobre o tema para conseguir unha mellor organización no noso traballo, uns resultados de maior calidade e unhas mellores condicións no desempeño do noso labor. En resumidas contas, cremos que é posible traballar e "pasalo ben", e sentir satisfacción co que fas. A alternativa é non traballar e pasalo ben, pero non está moi remunerada :P. Un saúdo a todos e todas e, como dicía a canción: "Non me chames iluso, porque teña unha ilusión". |