Bonos Agasallo / Rural

Unha das mellores formas de gozar desta bisbarra é partindo dun bo e orixinal agasallo: un Bono de Turismo Rural, que che permite aloxarte nunha serie de establecementos con encanto e disfrutar dun bo almorzo caseiro. Estas casas e hoteis rústicos atópanse no medio máis rural de Arousa Norte, inmersos nunha fermosa paisaxe, tranquila, enriquecedora e a poucos minutos dos principias recursos turísticos do territorio: os cascos históricos dos municipios, rutas de sendeirismo, miradoiros, restos arqueolóxicos, centros de interpretación, praias, portos, paseos marítimos, etc. Ademáis, Arousa Norte dispón dun gran número de restaurantes, onde se pode degustar a rica gastronomía do lugar, e de varias empresas de ocio e turismo activo que che permiten vivir a natureza e a cultura da bisbarra dende outro punto de vista máis dinámico.

 Co obxectivo de seguir mellorando nos servizos turísticos, mimar ó visitante e ofrecerlle novas alternativas que satisfagan as súas necesidades, os empresarios de Arousa Norte uníronse para lanzar novos produtos: os bonos de servizos. Neste caso, oito casas de turismo rural e dous hoteis rústicos da bisbarra ofrecen os Bonos Agasallo. Estes bonos inclúen aloxamento e almorzo para dúas persoas. ¿Achégase o cumpreanos do teu pai e non sabes que regalarlle? ¿Tes ganas de agradecerlle algo a alguén e non sabes como? ¡Regálalles un Bono Rural Arousa Norte e invítaos a unha experiencia inigualable!