NOVA VERSIÓN 13. XA ESTÁ DISPOÑIBLE Español Inglés
ARouSA é unha aplicación baseada en Visual Basic e Visual Basic Application para Excel. O obxectivo desta aplicación é facilitar o emprego de procedementos estandarizados para a avaliación de stocks e o asesoramento técnico na explotación e conservación dos recursos marisqueiros.
A aplicación conta cunha serie de ferramentas de aplicación directa no traballo de asesoramento realizado polos técnicos das confrarías de pescadores de Galicia e da administración pesqueira.
As ferramentas de avaliación de stock facilitan o cálculo mediante mostraxes, estratificadas ou non, empregando deseños de base puntual (calicatas ou dragas), tansectos lineais, arrastres ou unha combinación de dúas destas técnicas. Estas ferramentas están especialmente pensadas para stocks e dinámica de poboacións de especies bentónicas. A apliación conta tamén cunha ferramenta específica para a avaliación de stoks de percebe que implementa a metodoloxía empregada en J.M. Parada et al. (2012) e J.M.Parada et al. (2013).
As ferramentas de asesoramento permiten obter de xeito estandarizado relacións tamaño – peso, calcular taxas de mortalidade, inferir a evolución de poboacións no tempo, estandarizar controis de tamaño das capturas.
A aplicación inclúe tamén unha serie de ferramentas para a caracterización do medio. Estas ferramentas facilitan o cálculo da cota batimétrica ou o nivel mareal das áreas estudiadas, cálculo de superficies, lonxitudes de arrastres ou transectos non rectilíneos, e caracterización granulométrica estandarizada.
Para o seu funcionamento requírese Excel 2003, 2007 ou 2010, nivel medio de seguridade de macros e complementos de análise de datos.
A versión 13 inclúe dúas novidades:
1.- Foi ampliada a capacidade das planillas de introdución de datos de tamaños individuais para cálculo de stocks de 601 a 2000 exemplares ou rexistros de tamaño por unidade de mostraxe.
2.- Foi incluída a ferramenta Anexos_FEMP para a exportación de datos e resultados de ARouSA a formularios estándar de descritores e indicadores FEMP. Esta ferramenta foi financiada pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería do Mar (Xunta de Galicia).
A CARPETA "NOVIDADES" FOI ACTUALIZADA O 18 DE DECEMBRO DE 2016
Nº Visitantes
non repetidos
© José Manuel Parada Encisa. 2009 - 2012.