A romaria

A Romaria

Catro fotografías feitas polo meu pai cun tema común: a romaria galega. A primeira está sacada nunha romería e feira de gando en Viveiro, Lugo, no 76. Encántame a escenografía que forman os paisanos, os claroscuros que crean esa profundidade e toda esa antropología nosa que esconde, tamén. A vaquiña polo que vale.



A segunda foi tomada en Aranga, municipio coruñés, na Romería das Cruces, a finais dos 70 . Esas poses farwest na barra e sobre todo o botiquin en pleno Cemiterio: refrescaban as cocacolas nos nichos baleiros.



A seguinte é a Festa do Campo en Roupar, Lugo, vai un par de anos. Gústame esa diagonal que forma o grupo, o exotismo das mozas guapas costaleiras, todos tan ensimismados.



E a última é na mesma romería, ao término da procesión, no baile, a volta ao mundo profano compensatorio da penitencia. Alegría e comilonas. O avó baila coa súa neta, pecha os ollos e déixase levar talvez recordando aquelas romerías de antes


* Máis fotografía en art234